Cedro do Líbano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Omaou (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
recupero
Liña 15:
 
[[Categoría:Coníferas]]
CEDRO DO LÍBANO
Cedrus libani.
 
OUTRAS DENOMINACIÓNS: Cedro do Líbano.
 
ORIXE: orixinario do Medio Oriente.
 
DISTRIBUCIÓN: emblema do Líbano, onde non existe máis que como unha reliquia nas pendentes do Monte Líbano. A maior poboación hoxe en día atópase en Turquía, na cordilleira do Taurus. En Galicia atópase como árbore ornamental.
 
DESCRICIÓN: árbore de grande talla, pode pasar dos 40 m de altura. Cortiza fendida e de cor parda agrisada. Porte cónico de novo e de adulto con forma de parasol. Acículas de sección subcuadrangular, de 1,5 a 3 cm de lonxitude, ríxidas e punzantes, de cor verde escura. Piñas erectas con forma de bocoi, de 7 a 10 cm de lonxitude e co vértice aplanado, de cor violácea e agrisada na madureza.
 
USOS: a súa madeira considérase das máis pesadas, densas, fortes, duradeiras e aromáticas. As referencias aos cedros do Líbano remóntanse aos comezos da escritura, no terceiro milenio a de C. Subministraba a madeira máis prezada do Cercano Oriente aos reis de Exipto, de Mesopotamia, de Fenicia, de Asiria, de Babilonia, de Persia e de Grecia, ata que a rexión foi sometida por Roma. No século X a. de C. os fenicios construíron para Salomón un gran pazo con madeira de cedro. Tamén se empregou madeira de cedro para construír o Templo de Eolo en Grecia. Os antigos exipcios non só utilizaron amplamente a madeira de cedro, senón que usaron tamén un conservante de resina de cedro, chamado «vida dos mortos», no seu proceso de embalsamamento. Dise que Xesucristo foi crucificado nunha cruz de madeira de cedro. No ano 118 da nosa era o emperador Adriano estableceu regras para protexelos.