Cedro do Atlas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Omaou (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
recupero
Liña 15:
 
[[Categoría:Coníferas]]
 
[[Cedrus atlantica]]
 
OUTRAS DENOMINACIÓNS: cedro do Atlas, [[piñeiro de Marrocos]].
 
ORIXE: especie das montañas de África do Norte (Marrocos e Alxeria).
 
DISTRIBUCIÓN: en Galicia é empregada como árbore ornamental.
 
DESCRICIÓN: árbore de grande tamaño e moi lonxeva, pode chegar aos 40 m de altura e vivir 1000 anos. Porte piramidal, con pólas ascendentes e cortiza gris clara, pouco fendida. Acículas de corte cuadrangular, verdes ou azuladas, de 0,8 a 3 cm de lonxitude e co ápice agudo. Inflorescencias masculinas de cor amarela verdosa e femininas de tonalidade verde esbrancuxada, florecen entre outubro e novembro. Piñas erectas, cilíndricas, co vértice aplanado, de 5 a 10 cm de lonxitude e de cor verdosa, que chegan a ser castañas na madureza.
 
USOS: é o máis resistente de todos os cedros e proporciona unha boa madeira, moi resistente a podrecer, moi aromática, e cun cheiro que afasta os insectos. Moi empregado con fins ornamentais. O aceite natural aromático ten propiedades antisépticas e era empregado polos antigos exipcios no proceso de embalsamamento.