Diferenzas entre revisións de «Maria Margaret Kirch»

lig int
(iws e arranxiños; aumentado desde en:)
(lig int)
'''Maria Margaret Kirch''' (nada como María Winckelmann en [[Leipzig]] o 25 de febreiro de [[1670]] e falecida en [[Berlín]] o 29 de decembro de [[1720]]) foi unha astrónoma.
 
Era filla dun ministro protestante que non lle deu educación formal. Nembargantes, interesouse pola astronomía a través de [[Christoph Arnold von Sommerfeld]], coñecido polo alcume do ''paisano astrónomo''. No [[1692]] casou cun astrónomo que a animou e do que aprendeu o que necesitaba para os seus labores científicos. Traballaron conxuntamente, se ben debido á súa condición de muller só o seu marido traballou na ''Berliner Akademie''. Ela descubriu o cometa coñecido como ''cometa de [[1702]]''. Tras a morte do seu marido en [[1714]], comezou a publicar de xeito independente, e traballou no cálculo do calendario para o observatorio do Baron von Krosigk co seu fillo, quen tamén chegaría a pertencer á Berliner Akademie.