Diferenzas entre revisións de «Carmina Burana»

pequena ampliación
m (procurarei mirar se atopo a data)
(pequena ampliación)
Os '''Carmina Burana''' son unha colección de cantos [[Idade Media|medievais]] [[goliardo|goliárdicos]] dos séculos [[século XII|XII]] e [[século XIII|XIII]]. Púxolles este nome [[J.A. Schmeller]], quen a descobríu a finais do [[século XIX]] nun [[códice]] de [[1225]] da [[abadía]] de [[Benediktbeuren]] (Bura Sancti Benedicti), en [[Baviera]].
 
Esta colectánea consta dunhas 300 composicións, das que arredor de 250 están en [[latín]] e unhas 50 en [[alemán]], en [[francés]] antigo ou nunha mistura de varias delas. Os temas e [[ritmo|estrutura rítmica]] son as comúns da [[poesía cabaleiresca]] (as [[cruzada]]s, o [[amor]], a natureza) e aos [[himno relixioso|himnos relixiosos]]. Porén, as composicións típicas son as chamadas ''[[Kontrafakturen]]'', que seguen o esquema de [[versículo]]s e [[letanía]]s dos [[Evanxello]]s pero satirizan e condenan a decadencia dos estudos e a corrupción da [[curia]] romana. A composición máis coñecida é a ''Confessio Goliae'', de [[Gualterio de Châtillon]], que eloxia a muller, o viño e o xogo.
 
A maior parte dos textos é anónima, ainda que se supón a autoría de [[Hugo de Orleáns]], [[Serlón de Wilton]], [[Pedro de Blois]] e outros. Estes autores estaban familiarizados coa cultura [[escolástica]] do seu tempo e a [[literatura latina]] pagá.
6

edicións