Liga lombarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Nova páxina: right|300 px A '''Liga Lombarda''' foi unha alianza establecida o 1 de decembro de 1167 entre 26 Cidades Opositoras do Norte de [[Ita...
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''Liga Lombarda''' foi unha alianza establecida o [[1 de decembro]] de [[1167]] entre 26 Cidades Opositoras do Norte de [[Italia]], entre as que salientan [[Milán]], [[Cremona]], [[Mantua]], [[Bérgamo]], [[Brescia]], [[Plasencia (Italia)|Plasencia]], [[Boloña]], [[Padua]], [[Treviso]], [[Vicenza]], [[Verona]], [[Lodi]] , [[Parma]] e [[Venecia]]. Posteriormente uníronse outras catro cidades máis, ata formar un total de 30.
 
O propósito inicial da Liga era combater a política de [[Frederico I do Sacro Imperio Romano Xermánico|Frederico I]], [[emperadores do Sacro Imperio|emperador]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que naquel momento reclamaba o control total sobre o norte de Italia. Tras deixar claras as súas premisas na [[Dieta de Rocaglia]], Frederico I invadiu Italia en [[1158]] e logo outra vez en [[1166]]. A Liga recibiu o soporte incondicional do [[Papa]] [[AlexandroAlexandre III, papa|Alexandre III]] e os seus sucesores, desexosos tanto de verse libres da influencia imperial como de aumentar o seu poder na [[Península Itálica]]. Na [[Batalla de Legnano]] ([[29 de maio]] de [[1176]]), as tropas imperiais foron derrotadas e Frederico viuse forzado a asinar unha tregua de seis anos ([[1177]]-[[1183]]). A situación resolveuse ao finalizar esta, cando ambas partes asinaron o [[Paz de Constanza|Tratado de Constanza]], segundo o cal as cidades italianas recoñecían a soberanía do emperador de [[Alemaña]], pero pola súa vez este se vía obrigado a recoñecer a xurisdición propia de cada cidade sobre si mesma e o seu territorio circundante.
 
A Liga Lombarda proclamouse de novo en [[1198]] e [[1208]]. En [[1226]], a liga mantivo unha cruenta guerra co emperador [[Frederico II do Sacro Imperio Romano Xermánico|Frederico II]], ao que logrou frear nos seus intentos por poñer Italia baixo a súa completa autoridade. Este gañouse a súa reputación de hábil estratego trala toma de Vicenza e a súa vitoria na [[Batalla de Cortenuova]], e rexeitouse calquera iniciativa da Liga que non fose a rendición incondicional. A resultas diso, Milán (que ofrecera unha forte suma de ouro a cambio da paz, que Frederico rexeitou), Brescia, Boloña e Piacenza ofreceron unha tenaz resistencia. En [[1238]], a Liga Lombarda conseguiu erguer o asedio imperial sobre Brescia, pero fallou no seu intento de rodear ao emperador e capturalo. Non obstante, conseguiu recuperar unha pequena vantaxe ao gañar o soporte, unha vez máis, do Papado, o que lle permitiu bloquear as accións de Frederico II en Italia ata a morte deste en [[1250]]. Tras este feito, a Liga volveuse a disolver, esta vez de forma definitiva.