Cuncha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 31:
==Estrutura==
A estrutura típica da cuncha dos moluscos consta de tres capas:
* A capa externa clámase '''periostraco''' (do grego ''peri'' = ó redor, e ''ostrakon'' = casco). Está constituída exclusivamente por '''conquiolina''', segregada polo pregue do bordo do manto. Disponse a modo de membrana sobre o resto da cuncha e cae con facilidade ó morrer o animal e secarse a cuncha. Normalmente é transparente ou de cor marrón, sen brillo. Cumpre unha función protectora da cuncha evitando a disolución do carbonato na auga e tamén serve para evitar ou dificultar a fixación doutros organismos acuáticos sobre o molusco. Nos moluscos mariños é moi fina pero nos de auga doce é grosa como protección contra os restos vexetais en putrefacción.
* A capa intermedia chámase '''ostraco''' ou capa prismática, por estar constituída por carbonato cálcico disposto en prismas de '''aragonito''' perpendiculares –por veces, en diagonal- á superficie da cuncha, dentro dunha matriz proteica, tamén de conquiolona, e tamén segregada polo bordo do manto. O ostraco disponse en dúas capas (que se denominan '''ectostraco''' e '''mesostraco''', de fóra a dentro).
* A capa interna denomínase '''hipostraco''' (do grego ''hypos'' = por baixo) ou capa nacarada. Outros autores chámana '''endostraco'''. Está formada por numerosas e finas capas superpostas de aragonito e ás veces calcita, dispostas paralelamente á superficie del manto. Esta capa é segregada por toda a superficie do manto, polo que aumenta de grosor segundo medra o animal (as dúas capas anteriores só crecen en lonxitude, non en grosor). Segundo o grosor e forma destas láminas, a superficie interna da cuncha terá un aspecto mate, coma porcelana, ou liso e irisado. Neste último caso denomínase '''[[nácar]]'''.