Kim Ki-duk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sv:Kim Ki-duk
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
Autor dunha ducia de obras ás veces altamente experimentais, é distintivo o ritmo pausado do seu cine, o forte contido visual moitas veces cruento, o parsimonioso uso do diálogo e o énfase en elementos criminais ou marxinais da sociedade. Este último reflexa a posición de Kim dentro da sociedade surcoreana en xeral, e o ámbito fílmico en particular.
 
== Biografía ==
Kim naceu en Bonghwa, na provincia de [[Gyengsang do Norte]], no seno dunha familia rural. Transladados a [[Seúl]] cando tiña 9 anos, educouse para traballar na [[agricultura]], pero abandonou a súa formación para traballar como obreiro fabril ós 17 anos. Alistouse na infantería de mariña do exército surcoreano con 20 anos, e prestou servizo como suboficial ata os 25. Despois dedicouse á [[pintura]] —unha afición que tiña desde cativo—, gañándose a vida como acólito nun templo [[budismo|budista]].
 
Liña 14:
A súa seguinte película, ''Haeanseon'' (해안선) contou coa presenza dunha estrela local, [[Jang Dong-kun]], pero resultou menos efectiva que as anteriores. No 2003 ''Bom yeoreum gaeul gyeoul geurigo bom'' (봄여름가을겨울그리고봄) atraeu novamente a atención masiva, sobre todo pola maior accesibilidade dunha película desprovista por completo de violencia. Coa primeira presenza de Kim fronte ás cámaras no papel dun anciano monxe budista, as súas obsesións coa violencia, a crueldade e a futilidade cíclica da vida, desplázanse agora ó comentario das diversas pasións que atravesan a vida dunha persoa. Foi tamén a primeira das súas películas en acadar distribución a gran escala fóra dos festivais, e fixou as bases para que as posteriores ''Samaria'' (사마리아, que obtivo o Oso de Prata ó mellor director en Berlín no 2004) e ''Bin-jip'' (빈집, gañadora do premio equivalente en Venecia) aparecesen no circuito comercial.
 
== Filmografía ==
 
{|class="wikitable"
Liña 94:
|}
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.koreanfilm.org/kimkiduk.html The Kim Ki-duk Page] (en inglés)
* [http://www.asiandb.com/browse/people_detail.pfm?code=149 Ficha en AsianDB] (en inglés).