Radiación de Hawking: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
A '''radiación de Hawking''' é o nome que recibe a radiación emitida polo horizonte de sucesos dun [[burato negro]] e débese na súa totalidade a efectos cuánticos. A existencia desta radiación foi postulada polo físico inglés [[Stephen Hawking]] no ano [[1976]]. Ademais diso, descubriu as súas propiedades e obtivo algúns dos primeiros resultados en gravidade cuántica.
 
== Orixe ==
Unha das consecuencias do principio de [[incerteza de Heisenberg]] son as fluctuacións cuánticas do [[baleiro]]. Estas consisten na creación, durante brevísimos intres, de pares partícula-antipartícula a partir do baleiro. Tales pares desintégranse rapidamente entre sí devolvendo a enerxía prestada para a súa formación. Non obstante, a probabilidade de que un membro do par se forme no interior do límite marcado polo horizonte de sucesos e o otro no exterior non é desprezábel, polo que un dos compoñentes do par podería fuxir do burato negro en forma de [[radiación]].
 
== Consecuencia ==
A radiación emitida polo burato negro ten como consecuencia unha perda na masa deste, polo que o burato negro remataría por se evaporar. Pero isto ocorrería nun período de tempo moi longo semexante á "vida" do [[universo]] e en buratos negros microscópicos.