Diferenzas entre revisións de «Euskal Herritarrok»

m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
O proxecto no que se apoiaba Euskal Herritarrok era o da creación dun Estado independente para as sete provincias vascas de [[Euskal Herria]], catro das cales están baixo administración española e tres baixo administración francesa. Para isto a esquerda ''abertzale'' defende o [[dereito de autodeterminación]]. A aplicación do mesmo consistiría na celebración dun [[referendo]] sobre o estatus que debería ter o País Vasco nas sete provincias. A esquerda ''abertzale'' herda un ideario [[socialista]]. Si ben a forma en que ese socialismo sería definido é difícil, acuñaron o termo de "socialismo identitario" como unha forma de socialismo adaptado á situación do País Vasco. Respecto ao emprego da violencia, a esquerda ''abertzale'' entende que esta é produto dun conflito político, e polo tanto considera a condea como unha ferramenta fútil e avoga pola superación do conflito mediante o recoñecemento da territorialidade vasca e o exercicio do dereito de autodeterminación.
 
== Vexa tamén ==
*[[Askatasuna (partido político)]]
*[[Herri Batasuna]]
67.216

edicións