Osuna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
'''Osuna''' é unha cidade e un concello español da [[provincia de Sevilla]], na comunidade autónoma de [[Andalucía]]. O municipio tiña unha poboación 17. 698 habitantes no ano [[2007]], nunha área de 592 km². As súas [[coordenadas xeográficas]] son 37º 14' N e 5º 06' O.
 
== Situación ==
Osuna áchase situada no centro de [[Andalucía]] a 282 metros de altitude, nunha dilatada chaira da campina sevillana, que é irrigada polos ríos [[Río Salado (Sevilla)|Salado]] e [[Río Peinado|Peinado]], tributarios do [[Río Corbones|Corbones]].O extremo sur é mais montañoso ([[serra de Algámitas]]). Atravésana as [[estrada]]s [[A-92]] e máis a [[Nacional IV]]. Dista 86 km da cidade de Sevilla.
 
== Historia ==
Osuna é unha cidade de gran antigüidade. Foi coñecida en época prerromana con o nome de ''Urso'' e ''Ursao''. Os romanos nomeárona como ''Gemina Urbanorum''. No [[711]] foi tomada polos árabes. O rei [[Fernando III de Castela|san Fernando]] conquistouna en [[1239]], cedéndoa en encomenda á [[orde de Calatrava]]. A mediados do século XV, foille recoñecido o señorío da cidade a [[Pedro Girón]], comendador da orde. Xa en tempos do rei [[Filipe II de España|Filipe II]] este señorío pasou á calidade de ducado de Osuna. En [[1548]], o seu señor, [[Juan Téllez Girón]], fundou a súa [[universidade]], famosa sobretodo pola [[facultade]] de [[Teoloxía]].
 
== Patrimonio monumental ==
* '''Colexiata''', edificada entre ''1534'' e [[1539]], en estilo plateresco, con interesantes pinturas, frescos e esculturas.
** ''Capela do Santo Sepulcro'' (1540), con o monumento funerario dos duques de Osuna.
Liña 17:
* ''Mosteiro da Encarnación'', con decoración de [[azulexo]]s.
 
== Cidadáns célebres ==
* [[Francisco de Osuna]] (séc. XVI), mistico.
* [[Francisco Rodríguez Marín]], polígrafo e erudito da literatura española.