Sahagún, León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 2:
'''Sahagún''' é unha vila e municipio, situada no sureste da provincia de [[provincia de León|León]], na Comunidade Autónoma de [[Castela e León]].
 
== Historia ==
Xorde a poboación á beira dun Mosteiro, consagrado ós [[Santos Facundo e Primitivo]]. Este mosteiro foi destruído e reconstruído varias veces, e adquiriu gran importancia no reinado de [[Afonso III de Asturias|Afonso III "O Magno"]] , chegando ó seu maior esplendor no reinado de [[Afonso VI de León e Castela|Afonso VI]], quen concede, o 25 de novembro de 1085, un vantaxoso foro con leis e exencións a cantos quixesen vir poboar a nova vila de San Facundo. É o coñecido como [[Foro de Sahagún]], concedido ao [[abade]] e á vila; este feito conduciu a un extraordinario crecemento en tódolos sentidos do mosteiro e da vila. A importancia da congregación monástica foi tal que foi denominado o "Cluny español", e á sombra do mosteiro naceu un dos burgos máis importantes da Baixa [[Idade Media]] Hispana. A vila converteuse nun dos focos culturais máis importantes da nosa historia e entre os seus muros conviviron homes das máis distintas razas e culturas, desde comerciantes francos e doutras nacionalidades ata [[mudéxar]]es, xudeus, etc... e outras diversas etnias.