Axente biolóxico patóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ar:ممراض
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
En [[Infectoloxía]], un '''axente biolóxico patógeno''' (do [[grego]] ''pathos'', enfermidade e ''genein'', procrear) é toda aquela entidade biolóxica capaz de producir enfermidade ou dano na [[bioloxía]] dun hospedador (humano, animal, vexetal, etc.) sensiblemente predisposto. O mecanismo da [[patoxenicidade]] foi moi estudado e ten varios factores, algúns dos cales son dependentes do axente patóxeno e outros do [[Hóspede (bioloxía)|hóspede]].
 
== A especificidade do hóspede ==
En primeiro lugar debe sinalarse que moitos microorganismos son específicos dunha especie determinada. Así, o virus da [[varíola]] humana só afecta ás persoas e a ningunha outra especie do reino animal. O mesmo pode sinalarse para o caso da [[febre tifoidea]].
 
Liña 27:
## Consumo de tóxicos: [[tabaco]], [[alcol]] e outras [[droga]]s.
 
== A resistencia do hóspede ==
A patoxenicidade do microorganismo está refreada ou facilitada pola resistencia inmunitaria do hóspede. As persoas correctamente [[vacina]]das contra a varíola son inmunes a este virus. Este feito foi descuberto por Jenner en [[Inglaterra]], ao decatarse de que as muxidoras que foran afectadas pola varíola vacúa, unha enfermidade propia do gando vacún e que se adquiría ao manipular os ubres destes animais, non sufrían a mortal varíola humana. Por outra banda, as persoas afectadas pola [[SIDA]], cuxo virus diminúe as defensas, poden presentar enfermidades debido a xermes que adoitan ser inofensivos.