Caixa Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
No ano 2006 Caixa Galicia conseguiu un beneficio atribuçido de 443 millóns de euros, cun aumento do 76% respecto ó 2005. Aumentou un 37% o volume de negocio xestionado e un 46% o volume de inversión crediticia, cun 58% de incremento en inversión a empresas. Deste xeito a entidade finalizou o primeiro exercicio do seu Plan Estratéxico 2006-2010 superando os obxectivos establecidos e consolidando a organización como unha gran plataforma comercial, con unidades especializadas no deseño de productos pensados para o cliente e unha estructura de canles de distribución volcados na venta e o servizo de calidade.
 
== CXG Corporación Caixagalicia ==
A actividade básica da sociedade Corporación CaixaGalicia consiste en agrupar as participacións empresariais da matriz en sectores económicos fundamentais para o desarrollo de Galicia. Entre as empresas que contan coa presenza de Caixa Galicia no seu accionariado están [[Pescanova]], o [[Banco Etcheverría]], [[Sacyr Vallehermoso]], [[Galp]], [[Astroc]], [[Tecnocom]] ou [[Unión Fenosa]]. Ademais, posee un grupo empresarial propio con importantes empresas en diversos sectores económicos. En total, 120 empresas de 20 sectores económicos.
 
== Actividade sociocultural ==
No ano 2007 a entidade volcouse nunha intensa actividade sociocultural, á que dotou con 89,55 millóns de euros, na que o medio ambiente ten un papel destacado, xunto ás liñas tradicionais do seu programa estratéxico, como a Cultura, a Arte, os Maiores, o voluntariado, a loita contra a exclusión dixital ou o programa de microcréditos. É a terceira maior dotación a actividades socioculturais entre as caixas españolas.