Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:連枷
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 4:
O instrumento recibe na Galiza, consonte as comarcas, nomes diferentes: '''mallo''', '''mal''', '''manle''', '''malle'''.
 
== Descrición ==
O mallo está composto de dous paos, atados por unha [[correa]] ou unha [[cadea]]. Un deles, polo xeral o máis longo e menos groso, é sostido nas mans do mallador, e ten diversas denominacións, segundo o lugar (''pértego'', ''moca'', ''monca'', ''mangueira'', ''mangueiro'', ''almanca''). O seu movemento impulsa, a través das correas ou cadeas, un segundo pao, máis groso, que será o que bata no cereal directamente; este recibe tamén diversos nomes segundo as comarcas (''porro'', ''mallo'', ''pértego''). A correa ou cadea que une ambos paos recibe a súa vez tamén denominacións variadas: ''correa'', ''casula'', ''puga'', ''carrachola'', ''narigota'', ''asa'', ''cedoiro'', ''encedoiro'', ''loro'', ''meá'', ''temoeiro'', ''capeliza'', etc. Algúns destes nomes son en realidade unha estensión [[Sinestesia|sinestésica]] das cubertas de [[coiro]] ou [[Metal|metálicas]] (casula) que poden ter os extremos dos dous paos para protexelos do desgaste por [[rozamento]] co seu uso.
 
Liña 11:
[[Imaxe:Battage à Fléau.jpg|thumb|Campesiños franceses mallando con manles, ca 1270]]
 
== Retroceso do mallo ==
Os mallos caeron en desuso en moitos países a causa da aparición e o acceso do campesiñado ás maquinas de mallar, que liberaban a man de obra campesiña. Máquinas que nas súas fases máis avanzadas son capaces de presentar o gran totalmente limpo de rabeiras e muíña. Porén en moitas rexións mantense, pois non existen máquinas que realicen a malla. Así en zonas de Minnesota, nos mesmos Estados Unidos de Norteamérica, o arroz bravo só pode ser mallado con mallos curtos duns 30 cm.<ref>Minnesota Wild Rice Harvest regulations, from Minnesota Department of Natural Resources</ref>
 
== Usos non agrícolas ==
Como outros apeiros agrícolas, os mallos foron usados como arma polos campesiños que non dispuñan de armas mellores. Unha coñecida evolución do mallo, é o [[nunchaku]] xaponés, arma desenvolvida no [[kobudo]].
 
Liña 23:
En Exipto o mallo era utilizado para bater nos captivos e nos escravos.
 
== Véxase tamén ==
* [[Malla]].
* [[Malladoira]].