Baal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fa:بعل
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 4:
Baal aparece nos textos da cidade de [[Ugarit]] (actual [[Ras Shamra]], na costa norte mediterránea da actual Siria), datábeis arredor de [[-1400|1400]] a.C. Por estes textos coñecemos algún relatos míticos referidos a este deus.
 
== O Baal de Ugarit ==
Consonte os textos atopados entre 1928 e 1960, Baal é o deus da [[chuvia]] e do [[trebón]], sen dúbida unha transposición da importancia destes fenómenos para os pobos mediterráneos. E tamén o deus dos ceos e como "Baal dos ceos" (''Baal-shamem'') figurará en numerosos textos posteriores dos diversos semitas occidentais. De xeito que Baal será representado cun [[raio]] na man destra. Identificábase tamén con o touro novo, o [[almallo]], símbolo da forza xenesíaca, mentres, El, o deus creador era asimilado ao touro.
 
Liña 17:
O santuario por excelencia de Baal era o ''monte Safón'', sito sobre a cidade, que sería coñecido en época romana como ''monte Casio''.
 
== O Baal fenicio ==
Baal non conservou o seu lugar preeminente nas cidades -estados da Fenicia, aínda que figuraba nos seus panteóns e recibíu culto. Figuraba entre a lista de divindades de Tiro, pero o lugar principal estaba ocupado por [[Melqart]]. Porén este era coñecido en [[Cartago]] como Baal Melqart. Porén, o [[Baal Hammón]] de Cartago era unha divindade diferente, aínda que conservase algún trazo do Baal fenicio.
 
Liña 24:
Aparece tamén na [[Biblia]], pois cítase como un dos pecados máis frecuestes, dar as costas a [[Iahvé]] para adorar a Baal ou os ''baais'' (''baalim'').
 
== Noutros pobos ==
O "Baal do ceos" é citado como divindade dos [[arameo]]s, na [[Siria]] interior, ou entre os nabateos de [[Palmira]].
 
== Outros nomes ==
Baal é identificado con o deus [[Hadad]] da cidade aramea de [[Alepo]], na costa [[siria]], identificación que remonta aos textos da época ugarítica.
 
Durante a época helenística foi asimilado ao deus grego [[Zeus]], e, por suposto, xa en época romana a [[Xúpiter]]. Como ele é un deus celeste e das tormentas.
 
== Ver tamén ==
* [[Fenicia]].
* [[Baal Hammón]]
* [[Belcebú]]
 
== Bibliografía ==
* Caquot, André, ''Las religiones de los semitas occidentales'', in Puech, H. Ch. (ed.), Las Religiones Antiguas. Vol. II, in Historia de las Religiones. Siglo XXI de España. 1977.
* ''Diccionario de las religiones''. Madrid. Espasa-Calpe. 1998, sv. Baal.