Orde toscana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ca:Toscà (orde)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
A '''orde toscana''' non pertence ao grupo das [[orde arquitectónica|ordes arquitectónicas]] gregas ([[orde dórica|dórica]], [[orde xónica|xónica]] e [[orde corintia|corintia]]), senón que é a achega etrusca ás ordes clásicas. A orde toscana é só unha imitación bastardeada da dórica grega. É orixinaria da antiga Etruria e os romanos empregárona antes de facer a conquista de Grecia. Os monumentos de orde toscana, en [[Roma antiga|Roma]], eran pois antigos; foron arruinados, despois, polo tempo ou reconstruídos segundo sistemas diversos que Grecia fixo saber aos arquitecto ; tamén non sobreviviu ata os nosos días ningún edificio enteiro construído exactamente con esas normas. Posteriormente foi adoptada e difundida polos romanos. Co paso do tempo, dado que os arquitectos [[Renacemento|renacentistas]] coñecían moito mellor a arte romana que a grega, a orde toscana tamén foi moi habitual desde o século XV (moito máis que a orde dórico que, practicamente era descoñecida e non foi recuperada ata o [[Neoclasicismo]]).
 
== Características peculiares ==
* A [[columna]] toscana, a diferenza da dórica grega, apóiase sobre unha [[Base (arquitectura)|base]] (e esta, sobre un podio),
* O [[fuste]] é de sección circular, normalmente liso. O tamaño total da columna adoita ser de catorce módulos, sendo de doce o do fuste. O seu diámetro non é constante, senón que vai aumentando ata producir un lixeiro abombamiento ou éntasis, decrecendo logo cara ao extremo superior.