Partit Socialista Unificat de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
O '''Partit Socialista Unificat de Catalunya''' ('''PSUC''') era un partido [[Cataluña|catalán]] de ideoloxía [[Comunismo|comunista]].
 
== Fundación ==
O PSUC foi fundado o 23 de xullo de 1936 no ''Bar del Pi'' de Barcelona, como resultado da fusión da [[Unió Socialista de Catalunya]], do [[Partit Comunista de Catalunya]], o [[Partit Català Proletari]] e a Federación Catalana do [[PSOE]]. A idea da fusión das forzas obreiras nun só partido toma forza a partir do desenlace dos [[feitos do seis de outubro]] de 1934 e da experiencia unitaria das alianzas obreiras.
 
Liña 8:
Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] formou parte do goberno da [[Generalitat de Catalunya|Generalitat]], en aplicación da súa consigna de unidade de forzas antifascistas. O PSUC, seguindo as ordes dos axentes da [[Unión Soviética]], perseguíu ó POUM, e ós [[anarquismo|anarquistas]] da [[CNT]] e da [[FAI]] durante os [[sucesos de maio]]. No exilio francés colaboraron na resistencia contra a ocupación [[nazi]], e algúns dos seus dirixentes, como [[Josep Miret i Musté]], morreron en campos de concentración.
 
== Clandestinidade ==
O partido adheriuse á [[Terceira Internacional]] como partido independente do [[PCE]], o que provocou a longo prazo a caída do secretario xeral, [[Joan Comorera]], en 1949, e a marcha de dirixentes históricos da [[Unió Socialista de Catalunya]] cara o novo [[Moviment Socialista de Catalunya]].
 
Liña 23:
Dunha escisión na universidade xorde o grupo "[[Unidad]]", a finais dos anos 60, que foi o xérmolo do [[Partit del Treball d'Espanya]], de orientación [[maoísmo|maoísta]]. En 1974, pola contra, ingresa gran parte da [[Organización Comunista de España-Bandera Roja]] (xente como [[Jordi Solé Tura]], [[Alfons Carles Comín]] ou [[Jordi Borja]]). En 1976 participou na convocatoria do [[11 de setembro]] celebrada en [[Sant Boi de Llobregat]], e pouco a pouco foron retornando os exiliados.
 
== Legalización e crecemento ==
Pouco despois que o PCE, o PSUC conseguiu a súa legalización en abril de 1977. En poucos días se intensifican as afiliacións e a apertura de locais. Os datos de maior afiliación -segundo a secretaría de organización- estiveron sobre as 40.000 persoas en 1978. Festas como o mítin no camping "La Tortuga Ligera" foron concentracións de masas onde se viu a forza do partido, o terceiro máis importante de Europa Occidental proporcionalmente.
Liña 57:
O sector do partido descontento con esta tendencia, denominado [[Manifest pel PSUC]], forma en 1998 o [[PSUC-viu]], integrado en [[Esquerra Unida i Alternativa]] (EUiA). Entre os dirixentes que conforman o novo partido, encóntranse antigos cadros procedentes do PCC, dirixents como [[Ramon Luque]], [[Antoni Luchetti]] ou Alfred Clemente, e o histórico líder comunista catalán [[Gregori López Raimundo]].
 
== Secretarios xerais do PSUC ==
*1936-1949 [[Joan Comorera]]
*1949-1965 [[Josep Moix]]
Liña 67:
*1997- actualitade: Dirección colexiada: [[Joaquim Mestre]], [[Rafael Ribó]], [[Simón Rosado]], [[Joan Saura]] e [[Eulàlia Vintró]]
 
== Ligazóns externas ==
*[http://www.psuc.cat/ Páxina do PSUC]
*[http://www.psuc.org Páxina do PSUC Viu]