Monte Apo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ja:アポ山
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 23:
O '''Monte Apo''' é un [[estratovolcán]] e a montaña máis elevada das illas [[Filipinas]] cunha altura de 2.954 metros.
 
== Nome ==
O seu nome significa "amo" ou "avó".
 
== Situación ==
O Apo está situado ao sureste de [[Mindanao]], a grande illa do arquipélago, na provincia de [[Cotobato]], a poucos quilómetros ao sudoeste da cidade de [[Davao]]. A cima presenta un cume aplanado, con tres picos, e un cráter de aproximadamente 500 metros de diámetro cun pequeno lago.
 
== Erupcións ==
Aínda que o volcán é potencialmente activo, do que son signo as súas [[solfatara]]s, descoñécese a data da súa derradeira erupción, e non se coñecen rexistros históricos que poidan documentar algún dato ao respecto. É aproveitado para xenerar enerxía xeotermal.
 
== Ascensións ==
Doadamente escalábel, o Apo foi ascendido, en subida rexistrada, por vez primeira o 1[[0 de outubro]] de [[1880]] por [[Joaquín Rajal]] e outros acompañantes. Actualmente a cima do Monte Apo é un dos destinos preferidos polos filipinos. As sendas de subida están ben marcadas, aínda que presentan abundancia de lixo.
 
== Contorno ambiental ==
O presidente [[Manuel L. Quezón]] declarou a área do Apo parque nacional o 9 de maio de 1936. Ten sido tamén proposto para as candidaturas de Patrimonio Mundial da UNESCO.