Río Gállego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 16:
O '''río Gállego''' é un río de España, afluente do [[Río Ebro|Ebro]] pola súa orela esquerda, ao que se une perto de Zaragoza despois de 215 km de curso.
 
== Percorrido ==
O Gállego nace no [[Col de Aneu]], ao norte de [[Sallent de Gállego]], a 2.200 metros de altitude, cerca do colado do [[Portalet]] ([[Val de Tena]]), nos [[Pirineos]] [[Provincia de Huesca|oscenses]].
 
Liña 23:
Talla as serras prepirenaicas na [[foz de Santa Elena]] e pasa por [[Sallent de Gállego|Sallent]], e cerca de [[Panticosa]] e [[Sabiñánigo]]. Desde este último lugar comeza a formar un amplo cóbado até a localidade de [[Triste (Huesca)|Triste]], para desde aquí tornar aoutra vez ao seu sentido xeral de marcha N-S, que mantén até desaugar no Ebro. No curso medio e baixo recolle augas dos ríos [[Río Guarga|Guarga]], [[Río Asabón|Asabón]] e máis o [[Río Sotón|Sotón]], que son de moi escaso caudal.
 
== Encoros ==
O Gállego está regilado polos encoros de [[Encoro de Fornigal|Fornigal]], [[encoro de Lanuza|Lanuza]], [[encoro de Búbal|Búbal]], [[Encoro de Sabiñanigo]], [[Encoro de La Peña|La Peña]] e máis o de [[Encoro de Ardisa|Ardisa]], os primeiros de produción hidroeléctrica e os dous últimos presas de regadío.
 
== Nome ==
O Gállego foi denominado ''Flumen Gallicum'' na [[Roma Antiga|época romana]], porque se coidaba que nacía na [[Galia|Gallia]]. En [[lingua aragonesa|aragonés]] medieval documéntase xa como ''Galleco'', e na época de [[repoboación]] con [[Gascuña|gascóns]] tamén foi coñecido como ''Gareco''.