Río Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:阿拉贡河
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 16:
O '''río Aragón''' é un dos grandes afluentes do [[río Ebro]], ao que se une pola súa beira esquerda despois dun curso de 195 km, a través das comunidades de [[Aragón]] e [[Navarra]].
 
== Percorrido ==
O Aragón nace no circo glaciar do [[Val de Astún]] ([[Provincia de Huesca|Huesca]]) a 2.050 m.s.n.m.. Na cabeceira recolle as augas do [[ibón]] de Escalar e do de Truitas. Flúe augas abaixo pola alta montaña deica chegar a [[Jaca]], onde o seu curso muda de dirección para moverse cara o oeste e entrar en terra [[navarra]]. Neste curso alto, no que a conca pode sobrepasar os 2.500 metros de altitude, a caida de [[neve]] é abundante, o que orixina no [[dexelo]] primaveral grandes cheas, ao que se suman as boas chuvias no outono.
 
En [[Navarra]] únese ao Ebro augas abaixo da localidade de [[Milagro, Navarra|Milagro]].
 
== Afluentes ==
Entre os tributarios do Aragón salientan os ríos seguintes: [[río Gas|Gas]], [[río Lubierre|Lubierre]], [[río Candanchú|Candanchú]], [[Río Estarrún|Estarrún]], [[Río Aragón Subordán|Aragón Subordán]], [[río Beral|Beral]], [[río Esca|Esca]], [[río Iratí|Iratí]] (con importantes afluentes), [[río Regal|Regal]], [[río Onsella|Onsella]], [[río Cidacos, Navarra|Cidacos]] e [[río Arga, río Aragón|Arga]].
 
=== Conca e caudal ===
A conca do Aragón é unha conca disimétrica, pois a maioría dos seus afluentes recíbeos pola orela dereita. O total da conca do Aragón abranxe 8.524 km² e o seu caudal medio anual é de 1.300 Hm³/año.
 
== Encoros ==
O curso do río está regulado polo encoro de [[Yesa]], cunha capacidade de 470 Hm³ de auga, que en parte se aproveitan para usos agrícolas mercé a [[canle das Bardenas]], que desde a súa orixe en Yesa ata o seu desaugue no [[río Gállego]], en [[Ardisa]], ten unha lonxitude de 139 km.
 
== Contorno ambiental ==
A conca do Aragón presenta unha grande variedade vexetal, de xeito que se poden atopar especies de diferentes climas e ambientes, como o piñeiro negro, carrasca, [[faia]], piñeiro vermello, [[abeto]], [[acivo]], [[álamo]] trémulo, [[freixo]], [[abruñeira]], [[buxo]], [[toxo]], [[xinebro]], [[caxigo]], etc.