Pico Duarte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nl:Pico Duarte
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 26:
O '''Pico Duarte''' con 3.098 metros de altura é non só a montaña máis elevada da [[República Dominicana]] e da [[A Española|illa da Española]], onde se ubica, senón de todo o [[arquipélago]] do [[Mar Caribe]].
 
== Situación ==
O Pico Duarte érguese no medio da República Dominicana, na [[Cordilleira Central, A Española|Cordilleira Central]], o maior [[cordal]] do país. Esta acdea montañosa esténdese desde as chairas de San Cristóbal, República Dominicana|San Cristóbal e Bani, até o noroeste da península de Haití, onde é denominada [[Massif du Nord]] (''Macizo do Norte''). Os macizos do Pico Duarte e máis de Valle Nuevo posúen as máximas altitudes da Cordillera Central.
 
== Historia ==
Cóidase que o Pico Duarte foi escalado por vez primeira en [[1851]] polo cónsul [[Reino Unido da Gran Bretaña|británico]] no país, Sir [[Robert Hermann Schomburgk]], que bautizou o monte con o nome de ''Monte Tina'' e calculou a súa altura en 3.140 m. En 1912, o padre Miguel Fuertes botou abaixo a estimación de Schomburgk, ao escalar e indicar que ''La Rucilla'' era a maior altura da Dominicana. Un ano despois o botánico [[Suecia|sueco]], [[Erik Leonard Ekman]], afirmou que o británico estivera máis certeiro; ao tempo nomeou os dous cumes do pico como ''Pelona Grande'' e ''Pelona Chica''. Durante a ditadura de [[Rafael Leonidas Trujillo Molina]], o máis elevado deses cumes foi denominado ''Pico Trujillo''. Pero, pouco despois da morte do tirano, a montaña foi rebautizada con o seu nome corrente de Pico Duarte, que ostentaba en honra a [[Juan Pablo Duarte]], un dos pais fundadores da nación. Un [[busto (escultura)|busto]] de Duarte coroa na actualidade a cima, perto dun ástil onde flamexa a bandeira da República Dominicana e dunha cruz. [[Imaxe:IMG_1281.jpg|thumb|left|Busto of Duarte, con ''La Pelona'' ao fondo]].
 
Liña 36:
A cima Duarte é apenas algo máis alta que ''La Pelona'' (3.094 m). Un colado (chamado ''Valle de Lilis'') de aproximadamente 1 km de longo e sito a unha altura media de sobre 2.950 m, separa ambas cimas.
 
== Contorno ambiental ==
O Pico Duarte está incluído dentro do [[Parque Nacional José Armando Bermúdez]]. A montaña e os seus arredores mostran unha paisaxe [[bosque|boscosa]], cuberta de piñeiros dominicanos (''Pinus occidentalis''), entanto o colado do ''Valle de Lilis'' apresenta herbazais nos que predominan os ''pajones'' (''Danthonia domingensis'').
 
Liña 43:
O [[clima]] é o típico caribeño. En altura pode ser fresco, e nas noites dos meses invernais mesmo pode xear.
 
== Ascensións ==
[[Imaxe:CumbrePDuarte.jpg|thumb|Escaladores na cima do Pico Duarte]]
A ascensión ao pico é doada. Hai sendas ben sinaladas e cuidadas, que conducen até os 1.997 m de altitude, con un refuxio a 5 km de distancia do cume. O punto de partida máis fácil é desde ''La Ciénaga'', cerca da cidade de [[Jarabacoa]]. Nesta última hai axencias de viaxe que arranxan a subida ao monte, suministrando mesmo sacos de dormir. É conveniente levar pastillas de potabilización da auga, a pesar de que hai algunhas fontes no camiño con indicación de que son potábeis.
Liña 50:
Hai outra senda, máis impredecíbel, desde o nordeste e saíndo desde [[San Juan de la Maguana]], aínda que vai dar até ''La Ciénaga'', finalmente.
 
== Ver tamén ==
* [[Xeografía da República Dominicana]].