Yin Xu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 13:
Yin Xu foi descuberta a comezos do [[século XX]], efectuándose as primeiras escavacións en [[1928]]. De [[1926]] a [[1937]] foron realizadas quince escavacións. Desde [[1950]], téñense feito múltiplos estudos do lugar. En [[1961]], Yin Xu foi proclamado lugar histórico protexido e en [[2006]] declarouse [[Patrimonio Mundial da UNESCO]]. <ref name=RuinasYinAnyang>Datos tirados do website [http://portuguese.cri.cn/165/2007/07/25/1@71867.htm "CRI online"]</ref>
 
== Principais Atraccións ==
=== Zona do Templo de adoración dos Antepasados do Palacio de Yin Xu ===
 
Na '''Zona do Templo de Adoración dos Antepasados do Palacio de Yin Xu''' existen arredor de oitenta fundacións de construcións antigas. Foron desenterrados cerca de 160.000 fragmentos de [[cuncha]]s de [[tartaruga]] e de [[óso]] con inscricións, así como un [[túmulo]] dun membro da familia real moi ben conservado (o Túmulo de Fu Hao). <ref name=RuinasYinAnyang>Datos tirados do website [http://portuguese.cri.cn/165/2007/07/25/1@71867.htm "CRI online"]</ref>
 
==== Túmulo de Fu Hao ====
 
[[Imaxe:Tomb Fu Hao YinXu.jpg‎|thumb|300px|Túmulo de Fu Hao]]O '''Túmulo de Fu Hao''' está localizado na Zona do Templo de Adoración dos Antepasados. Fu Hao era a muller do Rei Wuding da [[dinastía Shang]], a cal tiña a patente de xeneral, de acordo con documentos antigos. Nas escavacións do túmulo atopáronse un total de 1.928 fragmentos, incluíndo cunchas de tartaruga e osos con inscricións, vasos de [[bronce]], artigos de [[xade]], óso, ferramentas de [[pedra]], obxectos de [[marfil]] e cunchas, que se encontran depositadas no Museo de Henan, [[Zhengzhou]], e na Estación Arqueolóxica de [[Anyang]], do Instituto de Ciencias Sociais da China. Foron deixadas dentro do túmulo algunhas réplicas dos achados das escavacións. Foi unha importante descuberta para a arqueoloxía e historia chinesas. <ref name=RuinasYinAnyang>Datos tirados do website [http://portuguese.cri.cn/165/2007/07/25/1@71867.htm "CRI online"]</ref>
 
=== Zona do Palacio de Yin Xu ===
 
Na '''Zona do Palacio de Yin Xu''' foron desenterrados trece [[templo]]s reais e descubertos millares de altares e moitos vestixios de sacrificios humanos e animais, así como un gran número de inscricións en cunchas de tartaruga e óso, ademais de delicados vasos de bronce, ferramentas e utensilios. O vaso cadrado Si Muwu, cun peso de 875 [[quilo]]s, é unha descuberta extremadamente rara. Todos os aparellos atopados neste lugar ilustran o estadio avanzado da civilización da [[dinastía Shang]]. A maior parte dos túmulos e altares foron enterrados de novo e só algunhas sepulturas, que se encontran cubertas, conserváronse de mostra e para estudo posterior. Estas escavacións exhiben unha carruaxe e [[cabalo]], altares e os túmulos reais. As plantas e maquetas úsanse para mostrar a localización e o formato das sepulturas. <ref name=RuinasYinAnyang>Datos tirados do website [http://portuguese.cri.cn/165/2007/07/25/1@71867.htm "CRI online"]</ref>