Eurocomunismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 8:
Antes de que o fin da [[Guerra Fría]] puxese a practicamente todos os partidos de esquerda de Europa á defensiva e as reformas neoliberais estivesen á orde do día, moitos partidos comunistas tiveron escisións, coa parte dereitista (como os Demócratas de Esquerda ou Iniciativa per Catalunya) adoptando sinceramente a socialdemocracia, mentres que as ás de esquerda esforzáronse en manter indentificables posicións comunistas (como o Partido da Refundación Comunista ou o PCC en Cataluña).
 
== Críticas ao eurocomunismo ==
 
Realizáronse críticas ao eurocomunismo dende diversas correntes políticas. Algúns autores acusan aos eurocomunistas de non romper definitivamente coa [[URSS]] (o PCI só tomou este paso en 1981 logo da represión contra [[Solidarność]] en [[Polonia]]), aínda que isto parecese a consecuencia natural do desenvolvemento da súa ideoloxía. Esta ''timidez'' explicouse co medo a perder aos vellos militantes dos partidos, educados na admiración á URSS, ou por unha esixencia da [[realpolitik]] de manter o apoio ao primeiro país en aplicar o socialismo.