Henry Morgan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Acerto (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 8:
Mercou unha facenda en Xamaica e durante un ano permaneceu retirado ata que o gobernador o nomeou almirante de todos os barcos de guerra de Xamaica coa misión de destruír os barcos e tropas españolas que atopase, en mar ou terra. O [[24 de outubro]] de [[1670]], 37 navíos e 2200 homes xuntáronse na Illa da Vaca, Morgan decidiu atacar a cidade de [[Panamá]], unha das máis ricas da América española; o [[6 de decembro]] reconquistou a illa de Santa Catalina, ao chegar a noticia aos españois reforzaron ás tropas do Castelo de Chagres, na entrada do [[Istmo de Panamá]], chegando a 314 soldados, Morgan enviou contra el 5 navíos con 500 homes ao mando de Joseph Bradley, o asalto comezou o día [[6 de xaneiro]] de [[1671]] e foi sanguiñolento, só sobreviviron 30 españois, os británicos perderon 100 homes e o seu xefe. Morgan chegou a Chagres uns días despois e con 1400 homes iniciou o cruce do istmo o [[18 de xaneiro]] remontando o [[río Chagres]], con escasos víveres e atacados por partidas de indios a viaxe foi difícil. O día [[27 de xaneiro]] chegaron ás portas da cidade, defendida por 1300 homes con escasas armas de fogo, no primeiro enfrontamento Morgan perdeu varios centos de homes pero os españois perderon a metade dos seus efectivos, facendo imposible defender a cidade e ás tres horas a cidade caeu no poder de Morgan e os seus que empezaron a saquealo todo ata que o lume prendeu e toda a cidade quedou destruída; case un mes permaneceu nos restos da cidade, o [[24 de febreiro]] emprendeu o regreso con 600 prisioneiros que liberaron pouco despois por un rescate. O [[9 de marzo]] no castelo de Chagras, Morgan procedeu a repartir o botín, tocándolle 200 pesos a cada participante, diante o descotento prometeu realizar un repartimento máis xusto o día seguinte pero aproveitando a bebedela dos seus homes marchou en catro navíos cos seus fieis e coa totalidade do botín, 400.000 pesos. Morgan foi recibido en Xamaica como un heroe pero o goberno español protestou enerxicamente ao de Londres e ante o temor a unha guerra entre os dous países, o rei [[Carlos II de Inglaterra]] accedeu a acabar coa piratería, nomeou un novo gobernador para Xamaica e Morgan marchou a Inglaterra para ser xulgado, en Londres viviu en total liberdade e mesmo o propio rei recibiuno en audiencia varias veces, o xuízo celebrouse en [[1674]] e o tribunal declarouno inocente, o rei nomeouno [[sir]] e [[tenente gobernador]] de Xamaica, onde volveu Morgan e actuou enerxicamente contra os seus antigos compañeiros para combater a piratería.
 
== Bibliografía ==
* Pope, Dudley: ''Harry Morgan's Way − The Biography of Sir Henry Morgan'' (1635-1684), 2001, House of Stratus ISBN 1-84232-482-9.
* Rick Haupt: ''Das Piratenschiff − die abenteuerliche Entdeckung der Oxford. Unter Mitarbeit von Karsten Lohmeyer''. München, Zürich, Piper 2006. ISBN 3-492-24625-7.