Falsificación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m creada do castelán
 
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 4:
Nos primeiros casos é un [[delito]] que afecta a fe pública, podendo chegar a ser unha modalidade de [[fraude]], mentres o último enténdese que é unha vulneración da [[propiedade industrial]] (ao ser copias sen [[licenza]]s, para ser vendidas coma se fosen orixinais).
 
== Falsificacións de produtos ==
Usualmente as falsificacións de produtos comerciais son dunha menor calidade que o orixinal e custan menos. Diferénciase da denominada "[[piratería (dereito de autor)|piratería]]" (infraccións ao [[Dereito de autor]]), en que nestas se copian obras ou traballos facilmente reproducibles, como libros, música e software.
 
Case calquera produto comercial é susceptible de ser falsificado e a súa produción converteuse nunha verdadeira industria especializada. O avance da tecnoloxía permite facer falsificacións máis difíciles de detectar pola súa semellanza ao orixinal. Existen algúns mecanismos que incorporaron os fabricantes orixinais para evitar a falsificación dos seus produtos: [[holograma]]s, [[marca ao auga|marcas ao auga]], certificados de orixinalidade. As falsificacións ameazan os intereses económicos e morais dos fabricantes e prexudican a economía, seguridade e estrutura social.
 
== Falsificacións máis comúns ==
 
*'''Documentos e valores:''' falsificación de moeda metálica, fichas de casinos, papel moeda (billetes), diplomas e títulos, entradas ou tickets a espectáculos, boletas electorais ou votos, documentos de identidade, cartóns de crédito, fotografías, cheques, pasaportes, selos postais, filmaciones, marcas, documentos históricos.