Pico Basilé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 21:
O '''Pico Basilé''' (antigo '''Pico de Santa Isabel''') é un volcán e a maior montaña da illa de [[Bioko]], e ao tempo da [[Guinea Ecuatorial ]], país do que forma parte, cunha altura de 3.011 m.s.n.m..
 
== Xeoloxía ==
O Basilé é o cume máis alto dos tres [[volcán de escudo|volcáns de escudo]] [[basalto|basálticos]] que conforman a illa de Bioko. Desde a súa cima é visíbel a nordeste o [[Monte Camerún]].
 
A illa de Bioko formouse na [[liña de Camerún]], unha grande [[falla xeolóxica]] disposta desde o [[Océano Atlántico]] até [[Camerún]] e de aí até o [[Chad]]. Na liña inclúense outras illas volcánicas do [[Golfo de Guinea]], como [[Illa de Annobón|Annobón]], [[Illa de Príncipe|Príncipe]] e [[Illa de San Tomé|San Tomé]], e, por suposto, o macizo volcánico do [[Monte Camerún]].
 
== Erupcións ==
Os rexistros de erupcións son pouco claros, aínda que se sabe que durante o XIX hóuboas. A última ben rexistrada corresponde a [[1923]].
 
== Accesibilidade ==
O acceso até as inmediacións da cima está facilitado por unha estrada estatal.