Diferenzas entre revisións de «Monte Triglav»

m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m (BotMaiúsculas nas inclusións de modelos)
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
O Triglav é un dos símbolos nacionais de [[Eslovenia]], formando parte dos motivos centrais do escudo do país, e que se reproduce na bandeira. Segundo un antigo costume, cada esloveno debe subir polo menos unha vez na súa vida ao Triglav.
 
== Xeografía ==
Sitúase no medio do denominado [[Parque Nacional do Triglav]], o único parque nacional esloveno, que se extende por 84.800 ha., no extremo noroeste do país e non demasiado lonxe das fronteiras con Austria e Italia. Con o seu típico perfil é inconfundíbel desde unha distancia duns 100 km. A súa parede norte sobre o val de [[Vratatal]] é impoñente pola súa anchura de 3 km e a altura de 1.500 m., o que a converten nunha das paredes máis elevadas dos Alpes orientais, xunto con as do [[Watzmann]] (cara leste) e do [[Hochstade]] (cara norte).
=== Hidrografía ===
Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o [[río Sava]], que é un afluente do [[Río Danubio|Danubio]]; e o [[Río Soča|Soča]] (italiano [[Isonzo]]), que, por contra, flúe cara o [[Mar Adriático]].
 
O vigoroso relevo de paredes verticais do Triglav, como o doutros picos dos [[Alpes Xulianos]], débese, en parte, aos materiais xeolóxicos de que están constituídos, que son maioritariamente [[caliza]]s e [[dolomita]]s.
 
== Orixe do nome ==
O nome significa "tres cabezas" ou "tricéfalo". [[Triglav, deus|Triglav]] era tamén o nome dunha antiga divindade [[Eslavos|eslava]], precisamente tricéfala, e así se representaba.
 
== Curiosidades ==
Na cima áchase unha chamativa construción a "torre de Aljaž", un refuxio cilíndrico con estructura metálica, que constitúe outro símbolo esloveno, e que sirve aos alpinistas de refuxio extremo durante as tempestades. Foi edificado o [[7 de agosto]] de [[1895]] por [[Jakob Aljaž]], un sacerdote de [[Dovje]]. Foi restaurado en 1922.
 
67.216

edicións