Xasón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 5:
Xasón foi educado polo [[centauro]] [[Quirón]] ata que foi adulto. Cando Xasón cumpriu os vinte anos, dirixiuse a Yolcos disposto a recuperar o trono que por herdanza lle pertencía. No camiño, tivo que cruzar un río onde perdeu unha das súas sandalias. Ao chegar á cidade, foi chamado polo seu tío Pelias e este, ao darse conta de que aquel podía ser o home que anunciaba o oráculo, decidiu afastalo da súa terra enviándoo a unha difícil misión: viaxar ata a [[Cólquida]] (ao pé do [[Cáucaso]]), e traer de alí o [[vélaro de ouro]], que fora a pel dun carneiro fabuloso que salvara a vida a [[Frixo]], antepasado de Pelias, e trasladouno á Cólquida. Alí Frixo ofreceu en sacrificio a [[Zeus]] este carneiro e logo regalou a pel do animal, que era de ouro, ao rei [[Eetes]], que o depositou nunha árbore custodiada por dous touros que botaban lume pola boca e unha [[serpe]] que endexamais durmía.
 
== Os Argonautas ==
 
Xasón, acompañado dun grupo duns cincuenta heroes gregos ([[Orfeo]], [[Cástor (mitoloxía)|Cástor]], [[Pólux (mitoloxía)|Pólux]], [[Pelexo]], [[Hércules]], [[Teseo]], [[Laertes]], [[Atalanta]] -única muller da expedición, famosa corredora e porteira—, [[Meleagro (mitoloxía)|Meleagro]]...) organizou a expedición. Encargoulle a [[Argos (mitoloxía)|Argos]], a construción do navío que recibiu o nome de Argo en homenaxe ao seu construtor. E do nome da nave tomaron á súa vez o de [[Argonautas]] (mariñeiros de Argo) os heroes que nela embarcaron. Reunidos pois os Argonautas, fixéronse á mar en dirección á Cólquida.
Liña 21:
Logo disto, os Argonautas emprenderon o regreso sorteando diversos perigos: tempestades, o asedio das [[Serea]]s, o ataque dos monstros [[Escila]] e [[Caribdis]]. Finalmente chegaron a Yolcos. Alí Pelias recibiu de Xasón o vélaro e logo morreu, nas mans das súas propias fillas, debido a unha artimaña de Medea. Entón Xasón e Medea fuxiron a [[Corinto]]. Tiveron dous fillos. Pero máis tarde Xasón repudiou á súa muller para casar con [[Glauca]], filla do rei de Corinto. Medea, para se vingar, acabou coa vida de Glauca e coa dos fillos que tivera con Xasón.
 
== Xasón e o cinema ==
Existen cinco filmes que tratan sobre a viaxe dos argonautas en busca do vélaro: ''Jason and the Argonauts'', [[1963]], dirixida por [[Don Chaffey]] na que salientan os efectos especiais de [[Ray Harryhausen]], ''Jason and the Argonauts'' ([[2000]]) un telefilm producido por [[Hallmark]], ''Medea'' ([[1969]]) de [[Pier Paolo Pasolini]] con [[María Calas]], "Os xigantes de Tessaglia" ([[1961]]) e "Hércules" ([[1958]]).