Lei de Unión (1707): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 9:
* Segundo, disolver os parlamentos nacionais e establecer un [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento de Gran Bretaña]], que funcionou no [[Palacio de Westminster]].
 
== Antecedentes ==
Aínda que existiron intentos en [[1606]], [[1667]] e [[1689]] de unir aos países por medio de leis, estas nunca chegaron a consumar unha unión social, económica e cultural que viña dando desde facía anos. O principal interese de [[Inglaterra]] de levar a cabo a unificación era asegurar a sucesión [[Protestantismo|protestante]] no trono, da forma que sinalaba a [[Lei de Instauración]] de [[1701]] que excluía aos [[Igrexa católica|católicos]] de asumir como [[Monarquía británica|reis ou raíñas]]. Isto era diferente en [[Escocia]], que en [[1703]] adoptara a Lei ou Acta de Seguridade, que só aseguraba a presenza dun monarca protestante, sen que necesariamente fose o herdeiro da [[Casa de Hannóver]].
 
Polo lado de Escocia, a unión permitiría por unha banda, utilizar parcialmente os subsidios ingleses para recuperarse da crise financeira provocada polo ''proxecto Darién'' (o infrutuoso intento do Reino de Escocia de establecer unha [[Colonialismo|colonia]] no istmo de [[Panamá]]). Tamén esta unión permitiría eliminar as sancións económicas impostas pola Lei Estranxeira de [[1705]].
 
== Tramitación ==
===Escocia===
A Lei (ou tratado como era chamado en Escocia) consistía en 25 artigos, dos cales 15 referíanse a materias económicas. Cada un deles foi votado por separado, e a discusión acerca de varias normas foi derivada a comisións especializadas. O artigo primeiro fundábase en principio político da unificación das coroas e foi aprobado o [[4 de novembro]] de [[1706]]. Co fin de minimizar a oposición da [[Igrexa de Escocia]], unha cláusula foi establecida para asegurar ao [[clero]] [[Presbiterianismo|presbiteriano]]. O tratado en xeral foi aprobado o [[16 de xaneiro]] de [[1707]] por unha maioría de 110 votos contra 67.