Gaspar Llamazares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 14:
Segundo dunha familia de seis irmáns, pasou a súa infancia e mocidade en [[Salinas]], unha localidade do concello [[Principado de Asturias|asturiano]] de [[Castrillón]]. Estudou nas facultades de Medicina da [[Universidade Autónoma de Madrid]] e da de [[Universidade de Ovieu|Ovieu]], onde rematou os estudos. Alí fundou a revista ''Bocetos'', onde se pretendía expor un enfoque social da medicina fronte aos paradigmas bioloxicistas que por entón dominaban a ciencia médica. Posteriormente completou os seus estudos mediante un máster de Saúde Pública na [[Universidade da Habana]]. En [[1985]] incorporouse como docente no Departamento de [[medicina preventiva]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e posteriormente na Unidade Docente de Medicina de Familia en [[Cazoña]] ([[Cantabria]]).
 
== Actividade política ==
Iniciou a súa actividade política no [[Partido Comunista de Asturias]] en [[1981]], mediante a participación na agrupación de Castrillón e na Comisión de Saúde do Comité Central. En [[1988]] foi elixido secretario xeral e coordinador xeral de Izquierda Unida en Asturias, ao vencer o sector liderado por [[Gerardo Iglesias]]. En 1991 entrou como deputado na [[Xunta Xeral do Principado de Asturias]], foi voceiro do grupo parlamentario de Izquierda Unida e continuou unha colaboración mantida ata entón cos sucesivos gobernos socialistas da rexión. En [[1995]] foi un dos protagonistas da polémica ruptura co [[Partido Socialista Obreiro Español]], que levou ao [[Partido Popular]] ao goberno de Asturias. Na lexislatura 2000-2004 foi deputado no [[Congreso dos Deputados|Congreso]] por Asturias. Substituíu a [[Julio Anguita González]] como coordinador xeral de Izquierda Unida no ano 2000. O [[14 de marzo]] de 2004 foi elixido deputado por [[provincia de Madrid|Madrid]]. Nestas eleccións, Izquierda Unida conseguiu a menor representación parlamentaria na súa historia. A finais de 2004 foi reelixido coordinador xeral da formación por unha estreita marxe de votos, en medio dunha forte división interna da coalición debida aos malos resultados electorais e a discrepancias ao redor da liña política seguida de achegamento da coalición ao [[PSOE]]. En xaneiro do 2005 foi confirmado como coordinador xeral.