Federación de Traballadores da Rexión Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 6:
Organización de carácter [[anarquismo|anarquista]] e [[sindicato|sindicalista]], destacou nela [[Anselmo Lorenzo]]. A partir de 1910 o [[anarquismo en España|movemento anarquista español]] organizouse en torno á recén fundada a raíz do segundo congreso de [[Solidaridad Obrera|Solidaridad Obrera]], a [[Confederación Nacional do Traballo]].
 
== O Primeiro Congreso da FTRE ==
O 10 de xullo de 1881 publicouse un manifesto asinado por 50 sociedades obreiras convocando un congreso para os días 23, 24 e 25 de setembro. O congreso celebrouse coa asistencia de 140 delegados que representaban a 162 sociedades obreiras de 70 localidades (35 delas de [[Cataluña]]). Nomeouse unha Comisión Federal formada por [[Francesc Tomàs Oliver]], [[Antoni Pellicer i Paraise]], [[Eudald Canivell i Masbernat]], [[Rafael Farga i Pellicer]] e [[Josep Llunas i Pujals]] con sede en Barcelona. Axiña se adheriron á nova Federación as antigas sociedades da FRE. En febreiro de 1882 a FTRE tiña 93 federacións locais e 280 seccións, e en agosto contaba xa con 185 federacións locais, 561 seccións e 45.600 federados.
 
== O Segundo Congreso da FTRE ==
En setembro de 1882 celébrase un segundo congreso en [[Sevilla]]. A Federación contaba con 58.000 afiliados repartidos en 218 federacións locais. Neste congreso produciuse un enfrontamento entre os anarco-colectivistas catalanes e os anarco-comunistas andaluces, que contaban cunha maior afiliación. Estas diferencias debíanse á diferente situación laboral e económica que existía entre os obreiros manufacturadores das vilas e cidades de Cataluña, e as condicións sociais que sofrían os xornaleiros e temporeiros dos campos de [[Andalucía]]. Ademais da forte represión policial en Andalucía polos feitos da Mano Negra, os anarco-comunistas reprochaban ós anarco-colectivistas o seu legalismo, mentras o goberno torturaba ós traballadores andaluces.
 
== O Terceiro Congreso da FTRE ==
Do 4 ó 8 de outubro de 1883 celebrouse en [[Valencia - València|Valencia]] o terceiro congreso, cunha asistencia de 121 delegados de 88 federacións locais e 62 seccións de oficios. Daquela a FTRE compúñase de 14 federacións comarcais, 218 federacións locais e 550 seccións. Neste congreso houbo un enfrontamento entre os partidarios de manter a Federación dentro da legalidade e os que pensaban que coa legalidade a man o goberno os presionaba e torturaba. Estes últimos, encabezados por [[Francisco Gajo]], [[Manuel Pedrote]] e [[Miquel Rubio]], organizaron unhas xornadas paralelas constituíndo ''[[Los Desheredados]]. Organización revolucionaria anarquista'', razón pola que foron expulsados da FTRE.<br>Tamén se decidiu que a Comisión Federal radicase en [[Valladolid]], elexíndose como Secretario a [[Indalecio Cuadrado]].