Pega azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pl:Sroka błękitna
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 9:
A '''pega azul''' ''(Cyanopica cyana)'' é un corvido, parente da [[pega]] común, distribuido polo leste da [[península Ibérica]] e o leste de [[Asia]].
 
== Descrición ==
Miden entre 33 e 37 cm. de lonxitude e as proporcións do seu corpo son semellantes as da pega común, por ben que son máis delgadas e o bico e as patas son algo máis curtos en relación ó corpo. A parte inferior e gris acastañada, a superior máis escura, as veces case castaña. As partes superiores das alas e a cola, que mide entre 16 e 20 cm. de longo, son azuladas. A cola aclárase na punta, que ás veces é mesmo branca. A coloración branca da gorxa prolóngase nunha banda lateral estreita ata á caluga. A parte superior da cabeza é negra brillante. O azul das alas, que en condicións de boa iluminación ten aspecto azul ceo brillante, destaca menos en días de mal tempo.
==Distribución xeográfica ==
A distribución xeográfica da especie, repartida en dúas zonas moi distantes, é un fenomeno que deu lugar a moitas interpretacións. Os dous grupos de poboación están repartidos, por un lado en [[España]] e [[Portugal]] e por outro en [[China]], [[Corea]], [[Xapón]] e [[Mongolia]].
 
Liña 18:
Esudios xenéticos recentes amosarían que as formas europeas constitúen unha especie separada, ''Cyanopica cooki'', aínda que esta situación non foi aínda oficialmente recpñecida.
 
== Hábitat ==
Na península Ibérica son aves de espacios arbolados abertos, e están presentes a miúdo nos bosques de [[sobreira]]s e outras especies do xénero ''Quercus'', coma ''Quercus rotundifolia'' ou ''Q. pyrenaica'', e en bosques ou soutos pouco mestos de coníferas ou mixtos. que prefiren ás zonas de cultivos árboreos máis intensivos. As taxas máis altas de poboamento danse como consecuencia en [[Extremadura]], oeste de [[Andalucía]] e sur de [[Portugal]].
Nas zonas fronteirizas da súa distribución ibérica son menos esixentes e viven tamen en cultivos de amendoas e oliveiras. A súa área de cría vese limitada pola falta de biotopos axeitados, pero tamén pola competencia das pegas comúns, coas que practicamente nunca comparten os territorios.
Liña 25:
De acordo co censo do ''European Bird Census Council '' [http://www.birdlife.org/datazone/species/BirdsInEuropeII/BiE2004Sp5735.pdf] a súa poboación en Europa é de entre 250.000 e 360.000 parellas reproductoras e mantense estable.
 
== Costumes e alimentación ==
Son aves sociais que crían en colonias, en xeral pequenas, formadas por entre dúas e oito parellas. Os niños están habitulmente situados en árbores separadas, e están feitos de cotelos e pauciños suxeitos con lama, e cunha molida interna de musgo. Non estan fechados por riba coma os niños de pega común. Poñen entre 6 e 8 ovos castaños amarelados con pencas que chocan uns 15 días.
A procura de alimento fana tamén en pequenos bandos de ata 30 individuos. O seu alimento básico son landras e sementes de pinos, dieta que complementan con [[insecto]]s grandes e outros invertebrados, froita e calaza.
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.corvids.de corvids.de – Base de datos sobre os córvidos] (alemán)
* [http://www.hlasek.com/cyanopica_cyanus_6901.html Fotos de pegas azuis]