Estilicón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rei-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pt:Estilicão
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 2:
'''Flavio Estilicón''' (''Flavius Stiliccho'' en [[latín]]) (ca. [[359]] - [[408]]), foi un xeneral e un político do [[Imperio romano]].
 
== Biografía ==
===Orixes===
Nado antes do [[360]], Estilicón era un [[Bárbaros| bárbaro]] pola súa orixe. Era vándalo polo seu pai, sen dúbida comandante de escadrón de cabaleiría sob [[Valente]]<ref> M. O’Flynn, Generalissimos of the Western Roman Empire, The Univ. of Alberta Press, 1983, p 15</ref> e romano pola súa mai, unha provincial de [[Panonia]]<ref>San Xerome, contemporáneo de Estilicón</ref>.
 
=== Até 400 ===
Adepto da seita de [[Ario]], servíu inicialmente no [[exército romano]] como simple auxiliar, mais rapidamente ascendeu na escala de mando para chegar até ''[[magister militum]]'' (xefe de estado maior da milicia romana) desde [[385]]. Casou cunha [[Nobilitas|romana de estrato elevado]], [[Serena]], adquirindo de contado a [[Cidadán|cidadanía romana]]. En [[398]], Estilicón reforzou aínda máis a súa influencia sobre [[Flavio Honorio|Honorio]] facéndoo casar con a súa filla [[María (filla de Estilicón)|María]], e logo do pasamento desta, con súa filla menor [[Thermantia]]. Despois da vitoria de Teodosio na batalla da Riparia Frigida en [[394]], Estilicón tomou o título de ''magister peditum praesentalis'', a máis saliente das dignidades militares do Occidente r0mano.
 
Liña 20:
* No ano [[406]], esmaga a invasión de [[Radagaiso]], á cabeza dos ostrogodos e outros pobos, perto de [[Florencia]]. Mais non pode evitar a grande invasión do inverno de [[406]]/[[407]], que devasta a [[Galia]], á par que comeza a gañarse a animosidade das tropas romanas, suscitando un amotinamento contra os oficiais de orixe [[Xermanos|germánica]], de cada máis numerosos e influíntes.
 
=== Caída ===
Persuadido polo seu entorno de que '''Estilicón''' está a conspirar en contra súa, [[Flavio Honorio|Honorio]], ordea en [[408]] o seu asasinato. '''Estilicón''', perseguido polos secuaces do emperador, refuxiase nunha igrexa en [[Ravena]] ; tendo obtido a promesa de que lle sería respeitada a vida, se saía, foi ferido de morte por [[Heracliano]] en canto saíu pola porta, o [[22 de agosto]] de [[408]].