Configuración electrónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: da:Elektronkonfiguration
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
No átomo, os estados estacionarios da función de onda dun electrón (os estados que son [[función propia]] da [[ecuación de Schrödinger]] H? = E? onde H é o [[Hamiltoniano (mecánica cuántica)|hamiltoniano]]) denomínanse orbitais, por analogía coa clásica imaxe dos electróns orbitando ao redor do núcleo. Estes estados teñen catro números cuánticos: ''n'', ''l'', ''m'' e ''s'', e, en resumo, o [[principio de exclusión de Pauli]] quere dicir que non pode haber dous electróns nun mesmo átomo cos catro valores dos números cuánticos iguais. Os máis importantes destes son o ''n'' e o ''l''.
 
== Valores dos números cuánticos ==
O primeiro número cuántico ''n'' (chamado ás veces pico principal) corresponde aos diferentes niveis de enerxía permitidos ou niveis cuánticos; os valores que toma son 1, 2, 3, 4,... Para n=1 tense o nivel de menor enerxía. Nalgúns casos (por exemplo en espectroscopia de raios X) tamén se denotan como K, L, M, N,...
O segundo número cuántico ''l'' corresponde ao [[momento angular]] do estado. Estes estados teñen a forma de armónicos esféricos, e polo tanto descríbense usando polinomios de Legendre. A estes subniveis, por razóns históricas, asígnaselles unha letra, e fan referencia ao tipo de orbital (s, p, d, f).