Fronte Popular (España): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto (- capilla + capela & - conflicto + conflito )
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 8:
A coalición entre socialistas, comunistas e nacionalistas republicanos tiña un programa reformista, como a defensa das reformas sociais do primeiro goberno de 1931, que estaban sendo paralizadas ou eliminadas polo posterior goberno conservador. Tamén xordía como resposta para pedir a liberación dos detidos e sometidos a proceso por responsabilidades nos feitos acontecidos durante a [[Revolución de 1934|Revolución de Asturias]] en 1934, e ante o avance en Europa do [[nazismo]] de [[Hitler]] e o [[fascismo]] de [[Mussolini]]. Nese momento tamén en [[Francia]] gobernaba a [[Fronte Popular (Francia)|Fronte Popular Francesa]].
 
== Resultado das eleccións ==
As eleccións do 16 de febreiro tiveron lugar con relativa calma malia a crispación progresiva dos anos anteriores. Movilizáronse aproximadamente uns 34.000 [[Garda Civil|gardas civiles]] e 17.000 [[Garda de Asalto|gardas de asalto]] que velaban pola seguridade. Os resultados, presentados o día 20, foron:
 
Liña 68:
O 18 de xullo prodúcese o intento de [[golpe de estado]], nun principio liderado polo xeneral Mola —que asinaba como «el Director»—, apoiado por algúns sectores de Falanxe pese á oposición explícita de José Antonio e os carlistas. Entre os xenerais estaba o xeneral novo [[Francisco Franco]] que posteriormente se fai co poder dos rebeldes. Co fracaso do golpe de estado na maior parte do país, e o apoio imprescindible das potencias fascistas europeas iníciase a última [[guerra civil española]]. Coa división das distintas organizacións moderadas e esquerdistas, enfrontadas de cotío entre si e a ausencia de axuda por parte do resto de nacións democráticas ante o temor, logo real, de provocar a [[Segunda Guerra Mundial]], o gobierno electo debe abandonar o país. Franco, nunha longa [[ditadura]] personal, instálase no poder ata a súa morte en 1975.
 
== Véxase tamén ==
[[República española no exilio]]