Wim Mertens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Categorizo
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Wim Mertens''' (nacido en [[Neerpelt]], [[Bélxica]], o [[14 de maio]] de [[1953]]) é un [[compositor]], cantante [[contratenor]], [[piano|pianista]], [[guitarra|guitarrista]] e [[Musicoloxía|musicólogo]] belga.
 
== Biografía ==
Mertens estudou Ciencias Sociais e Políticas na Universidade de Leuven (graduándose en [[1975]]), así como Musicoloxía na Universidade Ghent; tamén estudou Teoría Musical e piano no Real Conservatorio de Gent e [[Bruxelas]]. En [[1978]], converteuse en produtor no entón BRT (Radiotelevisión Belga). Para Radio 2 (Radio Brabant) produciu concertos de [[Philip Glass]], Steve Reich, [[Terry Riley]], Meredith Monk, Urban Sax e outros, e tivo un programa chamado ''Funky Town'' xunto con Gust De Meyer (co que gravou o [[CD]] experimental ''For Amusement Only'').
 
Liña 12:
En agosto de [[2007]] Mertens asinou un contrato con [[EMI|EMI Music Belgium]], selo que prepara un ambicioso plan de relanzamento de todo o repertorio anterior do compositor a partir de xaneiro de [[2008]]. O seu "oeuvre intégralle" estará dispoñible de forma dixital e para todo o mundo. Pero primeiro EMI presentou o [[24 de setembro]] de 2007 o traballo máis recente de Mertens, un album de 9 composicións titulado ''Receptacle''. Para este album Mertens decidiu traballar cunha orquestra composta unicamente por mulleres, 17 en total. Non é a primeira vez que EMI e Mertens traballan conxuntamente, xa que en 1999 a banda sonora da película de Paul Cox ''Pai Damián'' foi editada por este selo discográfico.
 
== Discografía ==
* [[1982]] - ''For Amusement Only - The Sound of Pinball Machines''
* [[1982]] - ''At Home - Not At Home''