Domesday Book: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 4:
Porén, o libro carece de rexistros de Londres, Winchester e outras cidades. A omisión de importantes cidades debeuse, probabelmente, á complexidade que requeriría tal labor.
 
== Intención ==
Guillerme o Conquistador precisaba do mellor coñecemento posíbel sobre un país que acabara de conquistar en 1066, e que agora debía administrar. Mentres pasaba o Nadal en [[Gloucester]], en [[1085]], o monarca «''tendo platicado longamente con os seus conselleiros, enviou homes por toda Inglaterra...a fin de descubrir...o que ou canto posuía cada propietario predial en terras ou en gando, e canto valía''" ([[Crónica Anglosaxoa]]). Un dos obxectivos era saber o que posuía cada quen a fin de podelo submeter a tributación.
 
== Rexistro irrevogábel ==
A decisión que tomase cada axente era definitiva: todo o que se anotase no libro sobre o propietario, era a lei e non podía ser apelado. Redactouse en latín, aínda que foron incluídas palabras da língua vernácula que carecían de adecuada traducción ao latín ou ben por interferencia idiomáticas. Por outra banda, o texto está abreviado de xeito extremo.
 
== Razón do seu título ==
A designación do libro como ''Domesday'', no inglés medieval do século XI (que equivale a actual de ''Doomsday''), enfatizaba o carácter definitivo e a autoridade que tiñan os seus rexistros, en analoxía con a crenza cristiá no día do [[Xuízo Final]] e o carácter irrevogábel das súas sentencias.
 
== Custodia e edición ==
O libro foi gardado en orixe con o tesouro real en [[Winchester]] (a capital dos reis normandos). Cando se tranferíu o tesouro para Westminster (quizais sob o rei [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]] o libro foi con el), onde sería custodiado desde 1696 na Casa do Cabido, de onde saía en ocasións moi especiais. Permaneceu aí até a época da raíña [[Victoria de Inglaterra|Victoria]], cando foi colocado na Oficina do Rexistro Público en [[Londres]], onde pode ser visto dentro dunha caixa de vidro no museo. En 1869 colocóuselle unha encadernación nova, conservándose o antigo cofre que o gardaba no mesmo lugar.
 
Foi impreso, por encargo do goberno inglés, iniciándose o labor en 1773, publicándose en dous volumes en 1783; en 1811 engadíuse un volume máis con o índice.
 
== Edición actual ==
En agosto de 2006, os Arquivos nacionais ingleses puxeron a disposición pública unha versión do ''Domesday Book'' en liña e en inglés.