Xavier Zubiri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Xavier Zubiri''' ([[1898]] - [[1983]]), foi un dos filósofos [[España|españois]] do século XX, cunha obra extraordinariamente creativa e consistente.
 
== Biografía ==
''Xavier Zubiri Apalategui'' naceu en [[San Sebastián]] o [[4 de decembro]] de [[1898]]. Fixo os estudos secundarios na súa cidade natal até 1915, trasladándose a [[Madrid]] para ingresar no Seminario Conciliar desa cidade de Madrid, onde tivo por profesor de Filosofía ao seu paisano [[Juan Zaragüeta]]. Comezará estudos na [[Universidade Central]] na Facultade de Filosofía e Letras onde segue leccións, entre outros, de [[José Ortega y Gasset]] e [[Javier García Morente]].
 
Liña 15:
Zubiri faleceu en [[Madrid]] o [[21 de setembro]] de [[1983]].
 
== A filosofía de Zubiri ==
 
Talvez o principal achado de Zubiri é a creación dun enteiro sistema [[Metafísica|meafísico]] que enraíza na súa visión do ser humano como unha "intelixencia sentinte" situada na realidade. Neste sistema, o ser humano é "relegado" polo "poder do real", de xeito que a súa realidade persoal está intimamente conectada con entes situados nun contexto real. Ao tempo, o ser humano pode ser considerado o autor do seu propio ser persoal (o seu "Eu"), através da apropiación pola experiencia e polo exercicio da liberdade persoal dentro dun contexto real, de modo que Zubiri pode referirse ao ser humano como "animal de realidades". A apertura do ser humano ante as posibilidades é o que fai do ser humano unha "esencia aberta", concepto quese opón a "esencia pechada" (é dicer, unha estructura que simplemente obra segundo regras de funcionalidade).