Francisco Espoz y Mina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 12:
A ''Xunta de Aragón'' recoñeceuno como xefe das guerrillas navarras a pesar do escaso peso numérico do seu grupo. A Rexencia, que gobernaba en ausencia do rei [[Fernando VII de España|Fernado VII]], confirmouno nese posto e foron, sucesivamente, conferídolles ascensos de grao, de tal xeito que chegou a [[coronel]] e de aí a [[brigadeiro]], [[marechal de campo]] e, por último, comandante xeneral do [[Alto Aragón]]. Unha das súas primeiras medidas, como xefe das guerrillas navarras, foi a de desarmar e depor aos xefes de grupos que se caracterizaban máis por practicar bandidaxe e terror, que a guerra. Espoz axuntou os restos deses grupos co seu. Desde ese momento a súa loita contra os franceses tornouse máis regular, organizando unha partida capaz de asestar aos franceses perdas incalculábeis.
 
=== Accións de destaque ===
A pesar de ser traicionado en varias ocasións e, aínda, derrotado, Espoz sempre se refixo, a punto de ser alcumado, honorificamente, polos seus inimigos de “reiciño de Navarra” (Le petit roi de Navarre). Sostivo durante as súas campañas, non menos de cuarenta e tres combates, sen contar as escaramuzas e outros pequenos combates. As súas accións máis importantes foron: a de Rocafort e [[Sangüesa]], onde ao mando duns 3.000 homes se enfrontou contra 5.000 contrarios dotados de artillaría; a de [[Arlabón]], na que apresou un convoi inimigo completo e liberou 700 captivos españois, acción na que o mesmo marechal [[André Masséna]] escapou de milagre; a [[batalla de Mañería]], na que destruíu a división do xeneral Abbé, composta e 7.000 homes; os encontros de [[Egea de los Caballeros|Egea]], de [[Ayube]] e de [[Placencia]]; a segunda acción de Arlabón, na que pereceu un secretario do rei [[Xosé I Bonaparte|Xosé I]]; a toma do castelo da [[Aljafería]] e a entrada en [[Zaragoza]] no ano [[1813]]; en fin, a toma de [[Jaca]], na [[provincia de Huesca]] no mes de xaneiro de [[1814]].
 
Xunto destas accións, por así decilo, locais, Espoz y Mina contribuíu poderosamente á vitoria de [[Batalla de Salamanca|Salamanca]], obtida polas tropas anglo-portuguesas. O guerrilleiro cravou en torno a [[Navarra]], ao longo de 53 días, a 26.000 soldados franceses, con as súas 80 pezas de artillaría, que estaban destinados a unirse cos homes do marechal Marmont, o que impedíu, sen dúbida, que contase coa forza precisa, para deter o avance anglo-portugués. Do mesmo xeito, en ocasión da [[batalla de Vitoria]], impediría que as divisións de Clausel e de Foy, que sumaban 28.000 homes puidesen axuntarse con o exército principal: previamente interceptara a correspondencia dirixida a eles, e que nunca recibiron.
 
=== Represión e contrarrepresión ===
Exasperados polos desastres sufridos en Navarra, os franceses perderon os papeis, emprendendo unha guerra de bárbaros, encolgando e afusilando tanto oficiais como soldados, e máis deportando para [[Francia]] a un grande número de familias españolas. A cabeza de Mina foi mesmo posta a prezo. En tales circunstancias, '''Espoz e Mina''' tomou represalias, emitindo o 14 de decembro un bando, cuxo primeiro artigo dicía: “''Declárase en Navarra a guerra a morte e sen cuartel, sen distinción de soldados e de oficiais, incluído mesmamente o Emperador dos franceses''”. Por cada oficial español, executado polos franceses, Espoz y Mina faría afusilar catro oficiais franceses, e por cada soldado español afusilado, faría afusilar vinte e catro franceses. Mantiña prisoeiros no [[Val do Roncal|Roncal]], un número considerábel de franceses, que reservaba para tales horríbeis contramedidas. Como a vantaxe non era para os franceses, Mina estivo disposto a soster conversas oferecidas polos xenerais galos.
 
Liña 24:
A pesar das urxencias dos combates decote, Mina foi quen de organizar unha división de nove rexementos de infantaría e dous de cabaleiría, que á finais da guerra totalizaban un exército de 13.000 homes. A teor da documentación oficial, perdeu uns 5.000 homes, máis as perdas inflixidas aos franceses polas súas forzas, entre mortos e prisioneiros, ascenden á enorme cifra de 40.000 homes.
 
=== Finanzas e administración guerrilleira ===
'''Espoz y Mina''' pagou o seu esforzo persoalmente: fóronlle matadas catro cabalgaduras e recebeu varias feridas, entre as cales unha bala que se lle aloxou nun xoenllo, que manteu durante o resto da súa vida. Organizou fábricas ambulantes de armas e municións, que transportaba nos seus movementos e que ocultaba nas montañas. Para cubrir os gastos das súas campañas estabeleceu unha [[alfándega]] na fronteira con Francia, e máis recibíu unha contribución de 100 onzas mensuais que lle pasaba a alfándega de [[Irún]], [[Guipúzcoa]], a fin de que el non impedise as actividades aduaneiras. Acrecentaba os ingresos coas presas tomadas aos franceses, as [[multa]]s impostas a españois sospeitosos de colaboracionismo e as doazóns voluntarias que recibía.
 
A fin de manter, en medio do caos da guerra, as institucións civís, formou un tribunal de xustiza, sito nos seus acampamentos, e ao cal os pobos de [[Álava]], [[Guipúzcoa]], e aínda os do [[Alto Aragón]], debían submeter as diferencias surxidas. Mesmo acolleu o tribunal eclesiástico de [[Pamplona]], cidade naquela altura ocupada polos franceses. Nomeado xefe político de Navarra, en 1813, aproveitou a súa dupla autoridade, civil e militar, para favorecer a todo aquel que puidese consolidar as liberdades públicas. Armado pois da espada do soldado e da toga do [[maxistrado]], aunou na súa persoa a forza do Estado, mais rendéndolle xustiza pode afirmarse que nunca abusou dos dous poderes.
 
== A Restauración fernandina: o conspirador ==
En 1814, Mina atravesou a fronteira e dispúxose a tomar [[Saint-Jean-Pied-de-Port]]. Cando se asinou a paz, este antigo guerrilleiro podía aspirar a todo. [[Fernando VII de España|Fernando VII]], recuperado o seu trono, desexaba coñecelo. Porén no mes que pasou en [[Madrid]], Mina decatouse que había dúas fortunas: a dos combate e a das carreiras, e el era demasiado franco e sinxelo como para obter algunha vez os favores da segunda. Falou con Fernando de institucións e de liberdades públicas; os cortesáns alarmáronse por esa linguaxe, e fixeron correr o bulo, en Navarra, de que a súa división ía a deixar de ser considerada como tropa regular, o que provocou desercións en masa. Mina foi enviado para o seu país, para servir contra os transfugas. Abondou coa súa palabra para calmar as augas, cun simple bando reacolleu sob as bandeiras a 2.500 desertores.
 
Liña 53:
A [[revolución de xullo]] na Francia de [[1830]], remozouno. Pasou a territorio francés, e emprendeu unha empresa desesperada: iniciar un pronunciamento en España, para o cal tentou entrar en España desde [[Bayonne|Baiona]]. Posto en fuga en [[Vera de Bidasoa]], [[Guipúzcoa]], e perseguido polo xeneral Llauder, pasou as de [[Caín]] para entrar de novo en Francia. O seu exilio duraría aínda outros catro anos.
 
== Período liberal ==
[[Imaxe:Espoz y Mina 4.11.1834.jpg|thumb|right|180px|Proclama de Mina o 4-XI-1834]]
Morto Fernando VII en 1833, e cedendo [[Cea Bermúdez]] a dirección do goberno a [[Francisco Martínez de la Rosa]], que promulgara o [[Estatuto Real]], unha simple [[carta outorgada]], remedo de constitución, albiscábase o camiño de implantación do [[liberalismo]]. Foran publicadas listados de amnistiados, mais neles non aparecía o nome de Francisco Espoz e Mina. Foi dos últimos en aparecer.