Diferenzas entre revisións de «Laúde»

m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m (Eliminouse a referencia ó ficheiro '''Luth_Tunisie.jpg''' que foi borrado en Commons por ShakataGaNai. Motivo: Incorrect Flickr license [r5546])
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
O instrumento ten moitas variantes e tamaños, e a [[caixa de resonancia]] pode ser con forma de [[cuncha]], plana, alongada, etc. Empregouse, e emprégase na [[música]] [[Música medieval|medieval]] e [[Música académica|clásica]]. Hai no mercado gran cantidade de [[partitura]]s dedicadas a este instrumento, coma os estudos de [[Fernando Sor]]..
 
== Partes ==
 
É un instrumento de corda similar á [[guitarra]], composto por unha tapa e un fondo plano, profundo e lixeiro, con seis pares de [[corda]]s (cordas dobres), que van desde as caravillas, á ponte, pegado na tapa cara á parte de atrás. Por encima da ponte posúe unha abertura redonda na que se coloca unha talla moi decorada, e uns cóbados con forma de F. As cordas prémese cunha púa que suxeita o intérprete coa man dereita. A tesitura que adopta dentro da [[orquestra]] é a de [[tenor]]. Do mesmo xeito que a guitarra, as notas para o laúde anótanse unha oitava por encima do que en realidade soarán.
* '''Cordal'''
 
== O laúde árabe ==
 
A palabra ''laúde'' deriva da voz árabe ''`ūd (عود)'', outra de cuxas acepcións é ''madeira''.
O laúde usado nos países árabes e en todo o [[Medio Oriente]] carece de [[traste]]s, pois estes impedirían a realización de cuartos de ton, necesarios nas escalas orientais. Ten o mastro algo máis curto, en comparación co laúde europeo, e unha caixa de [[resonancia]] máis grande. Usualmente só conta cunha [[bordona]] e catro dobres cordas. O seu [[rexistro]] é de dúas oitavas e media. Este instrumento é usado na [[música clásica]] e [[música popular|popular]] de todos os países árabes, ademais de [[Turquía]], [[Irán]], [[Paquistán]], [[Armenia]] e [[Grecia]]
 
== O laúde chinés ou ''pipa'' ==
[[Image:Pipa play.jpg|thumb|200px|Pipa, laúde chinés ]]
O corpo ten forma de pera esmagada e catro cordas.
O repertorio para pipa consiste en obras tradicionais chinesas, anónimas na súa maioría, e música contemporánea de compositores con influencias tanto chinesas como occidentais.
 
== O laúde no mundo moderno ==
 
O laúde gozou dun renacemento co espertar do interese na música histórica ao redor de [[1930]] e ao longo do [[século XX]], e ese rexurdir foi impulsado polo movemento a prol da música antiga, [[Música do Renacemento|renacentista]] e [[Música barroca|barroca]]. [[Julian Bream]] fíxose famoso polos seus concertos de laúde e [[violín]], así como [[Hans Neemann]], [[Walter Gerwig]], [[Suzanne Bloch]] e [[Diana Poulton]].
67.216

edicións