Diferenzas entre revisións de «Opinión pública»

m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m (Cambiando Image -> Imaxe)
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
[[Imaxe:1963 march on washington.jpg|thumb|right|250px|A opinión pública maniféstase de varios xeitos]]
A '''opinión pública''' é a tendencia ou preferencia, real ou estimulada, dunha sociedade cara a feitos sociais que lle reporten interese.
== Historia da Opinión Pública ==
Antes do [[século XX]], só eran cidadáns as minorías ilustradas das nacións occidentais ou colonias. Co xurdimento da [[cultura de masas]] e a expansión técnica, produtiva do [[modelo fordista]] e expansión da [[burocracia]], comeza un progresivo ensanche do termo ata que a fins do [[século XX]] o cidadán é a [[poboación]] mesma. Por iso a Opinión pública antiga estaba restrinxida a marcos reducidos de persoas que influían nas políticas sociais. A súa primeira formulación coincide coa visión dos teóricos da democracia liberal clásica ([[Rousseau]], [[Locke]], [[Tocqueville]]). Conceptualizábase daquela como a opinión do pobo.
 
Desde a década dos 50 comezou o criterio estatístico, cuxa maior crítica foi o grao de representatividade, cuestión contida nas teorías de [[estatística]] social.
 
== Opinión pública hoxe ==
 
Os [[goberno]]s e empresas utilizan as sondaxes para coñecer a opinión pública sobre cuestións de interese coma os índices de [[desemprego]], [[mercado]] e de criminalidade entre outros indicadores sociais e económicos.
 
O sociólogo francés [[Pierre Bourdieu]] afirmou, de xeito soado, que "a opinión pública non existe", tomando en conta que a [[estatística]] non é garantía de imparcialidade, pois ó ser unha análise social non hai ''neutralidade valorativa'' na formulación dos protocolos e cuestionarios. Os [[medios de comunicación]], ademais de tomar postura, difunden as opinións que desexan. Outras críticas residen en temas técnicos tal como o grao de erro mostral, tamaño da mostra, representatividade da poboación, etc. Con todo, existe na opinión pública contemporánea un grao alto de confianza nas sondaxes debido en gran parte á influencia dos [[medios de comunicación]].
== Véxase tamén ==
*[[Sociedade de consumo]]
*[[Cultura de masas]]
67.216

edicións