Neovirxilianismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
O '''neovirxilianismo''' é unha vangarda galega da primeira metade do século XX e que fai referencia a [[Virxilio]], autor de xeórxicas e bucólicas inducidas por [[César]] para gabar a vida do campo nun momento de éxodo rural.
 
== Orixe e definición ==
Recibiu tamén os nomes de "paisaxismo humanista" e de "Escola dos poetas do Norte de [[Lugo]]". A denominación de Neovirxilianismo ten a súa orixe na poesía de [[Aquilino Iglesia Alvariño]]. Mais foi este mesmo autor quen creou a nomenclatura de "Poetas do Norte de [[Lugo]]". Isto débese a que a maioría dos creadores líricos pertencentes a esta corrente eran orixinarios desta zona de [[Galiza]]. Trátase de versificadores educados no [[Seminario Concilar de Mondoñedo]]. Pese a que o neovirxilianismo ten os seus antecedentes na obra de [[Antonio Noriega Varela]] e [[Xosé Crecente Vega]], os seus principais cultivadores foron [[Aquilino Iglesia Alvariño]] e [[Xosé María Díaz Castro]].
 
Estamos perante unha corrente xurdida na época da vangarda, mais que combina o mundo clásico grecolatino coa realidade paisaxística galega, a cal é a grande protagonista desta lírica.
 
== Principais características ==
*Foi cultivada esta corrente por '''autores cunha forte formación clásica'''.