Santuario da Nosa Señora do Corpiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 6:
A arquitectura actual do inmoble data de finais do [[século XIX]]. Nembargantes a localización do actual santuario foi escollida ao redor do [[século XII]], pois di a lenda que preto de alí, nunha pequena ermida ofrecida a [[Hadrián de Canterbury|Santo Hadrián]], vivía un personaxe que presentaba unha gran devoción pola figura da [[Virxe María|Virxe]], á que lle dedicaba numerosos [[sermón]]s que eran recibidos de grado polos veciños da zona. A lenda di que co paso do tempo o home apareceu morto mais co seu corpo incorrupto, o que se interpretou como unha [[milagre]] que a Virxe obrara. En resposta a tal suceso, os veciños levantaron unha capela na súa honra, onde agora se atopa o templo actual. A lenda tamén conta que [[Almanzor]] destruíu o templo, feito nunca probado historicamente, e que dende aquela a [[ermida]] caeu no esquecemento, ata que unha parella de pastoriños, mentres se refuxiaban dunha [[tormenta]] presenciaron a [[aparición mariana|aparición]] da Virxe co neno no colo. Dende entón o lugar retomaría o culto.
 
== A romaría ==
[[Imaxe:O_corpino_1_jpereira.jpg |thumb|right|200px|Graffiti]]
As [[peregrinación]]s de crentes sucédense todo o ano, aínda que alcanzan o seu punto álxido na [[romaría]] celebrada entorno o 23-24 de xuño. Estas congregan a centos de romeiros que buscan un remedio para a súas doenzas, particularmente a xente afectadas de doenzas relacionadas co [[mais alá]], como feitizos, [[meigallo]]s, tolemias ou posesións demoníacas, quizais unha forma de denominar enfermidades mentais ou nerviosas pouco coñecidas. O Corpiño é tamén un dos poucos lugares da península onde aínda se practican [[exorcismo]]s para sacar o [[demo]] ou o meigallo fóra do corpo de fieis “posuídos”. Deste xeito [[relixión]] e [[bruxería]] confúndense nun único espazo coma únicos culpables ou remedios daquelas doenzas ás que a [[medicina]] supostamente non foi capaz de dar solución ou explicación.
Liña 15:
O santuario do Corpiño constitúe xunto con [[Santo André de Teixido]] e [[os Milagres de Amil]] un dos sitios máis populares deste tipo de crenzas relixiosas.
 
== Véxase tamén ==
*[[Galería de imaxes de_Lalín]]
=== Ligazóns externas ===
[[Imaxe:O_corpino_2_jpereira.jpg|thumb|right|200px|Virxe na procesión]]
*[http://www.triplov.com/seoane/meigallo.html Nosa Señora do Meigallo (M.A Seoane)]