Diferenzas entre revisións de «Celtiberos»

m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m (bot Engadido: de, hu, lt, no Eliminado: nl, sl Modificado: es, ru)
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
A xulgar polo rexistro arqueolóxico, os celtas chegaron á Península Ibérica no [[século -XIII|século XIII adC]] coa gran expansión dos pobos da [[Cultura dos Campos de Urnas]], ocupando entón a rexión noreste. No [[século -VII|século VII adC]], durante a [[Cultura de Hallstatt]] se expanden por amplas zonas da meseta e [[Portugal]], chegando algúns grupos a [[Galicia]]. Con todo, trala fundación grega de ''Massallia'' (actual [[Marsella]] na [[Francia]]), os [[íberos]] volven ocupar, o val medio do [[Ebro]] e o noreste peninsular aos celtas, dando pé a novos establecementos gregos ([[Ampurias]]). Os celtas da Península quedaron así desconectados dos seus parentes continentais, de maneira que nin a cultura celta de [[La Tène]] nin o fenómeno relixioso do [[Druída|druidismo]] lles chegarían nunca{{ReferenciaRequerida}}. A cultura celta na Península Ibérica chegará ao seu final coa conquista romana, á que moitas tribos célticas opuxéronse.
 
== Pobos celtíberos ==
 
Os autores antigos, son moi concisos nas súas referencias a todas estas xentes. Os [[beróns]], do mesmo xeito que os [[vascóns]] só son nomeados, e moi parcamente, nas [[guerras sertorianas]].
67.216

edicións