Carlos Garaikoetxea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Carlos Garaikoetxea
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 14:
'''Carlos Garaikoetxea Urriza''' ([[Pamplona|Iruña]], [[2 de xuño]] de [[1938]]) é un político e avogado [[País Vasco|vasco]]. Foi o segundo [[Lehendakari]] do [[Goberno Vasco]], polo [[Partido Nacionalista Vasco]], trala instauración da democracia e o primeiro elexido trala promulgación do [[Estatuto de Guernica]] (1980-1985). Foi o fundador e presidente de [[Eusko Alkartasuna]]. Reside en [[Zarautz]] ([[Guipúscoa]]).
 
== Biografía ==
Naceu en [[Pamplona]] en 1938, no seo dunha familia de emigrantes do campo de condición humilde. Realizou os seus primeiros estudos no colexio iruñarra dos [[Escolapios]]. Licenciouse en Dereito e Económicas na [[Universidade de Deusto]], viaxando posteriormente a Londres e a París co fin de ampliar a súa formación. Garaikoetxea non aprendeu [[éuscaro]] de neno, debido a que tan só o seu pai sabía falalo, e aprendeuno despois.