Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Vilamaior de Caldelas''' é unha das parroquias do concello de [[Castro Caldelas]], pertencente á provincia de [[Ourense]].
 
== Xeografía política e situación ==
'''Vilamaior de Caldelas''', antigamente coñecida por Vilamaior a secas, consta de cinco aldeas, por orde de habitantes, e de maior a menor: a propia Vilamaior, Os Casares, Casfiel, Villardoleiros e O Carballo. Esta última non ten moradores desde hai xa varios anos. Se ordenamos pola extensión dos núcleos de construcións, tamén de maior a menor: Vilamaior, Casfiel, Os Casares, Villadoleiros e O Carballo. As parroquias colindantes son O Burgo, Sas de Penelas (San Fiz) e Castrelo (xa pertencente ao Concello de Xan Juan de Rio).
 
Por estrada, dista a uns 6 km. da capital do Concello ([[Castro Caldelas]]), a 52 Km de [[Ourense]], a uns 485 de [[Madrid]], a 3 de Sas de Penelas, a 16 de Póboa de Trives, a 32 da estación invernal de [[Cabeza de Manzaneda]] (por un camiño con trazado directo, habería uns oito km; a pé, polo monte, facendo sendeirismo, poderiase ampliar a dez).
 
== Xeografía física ==
Vilamaior está situada na falda dunha especie de cadea montañosa que ten o nome de “Serra do Burgo” e que enlaza o forma parte das cadeas de montañas do mazizo galaico-portugues. Respecto do nivel do mar, atopase a uns 750 m. de altitude, e a parte montañosa correspondente que a protexe polo sur ten un máximo desnivel duns 1050 m. (ainda que a Serra do Burgo, noutra parte, alcanza os 1250 m. aprox.). Esta protección natural polo sur, e algo menos polo leste pero non polo norte (ou moito menos pronunciada polo norte), atenúa as temperaturas mais altas, mais non tanto as baixas; por esta circunstancia natural, á parte de pola altura a que se atopa, e tamén por ser unha zona interior, as xeadas son moito mas frecuentes, duraradeiras e daniñas que noutros pobos ou parroquias con distinta protección orográfica.
 
Aproximadamente, contando a extension das construcions e do terreo produtivo propiedade dos veciños, pode ter a parroquia unhas 200 hectáreas. Sumando os montes e terreo comunal, podería subir até as 500 Ha. Non hai rios importantes que atravesen a demarcación da parroquia; a maioría son regatos, moi torrenciais (con moito desnivel) ao seu paso pola montaña, cheos de auga no inverno e que se van secando a medida que o veran avanza. Nos ultimos anos, posiblemente debido ao cambio climático, comeza a haber problemas de abastecemento de auga.
 
== Demografía ==
A principio do século XX estaba moito mais poboada a parroquia (aproximadamente uns 400 veciños), mais agora (datos de marzo de 2007) quedan como residentes fixos uns vintecinco en Vilamaior, catro en Casfiel, tres en Villardoleiros, e nos Casares catro. A parroquia foise despoboando paulatinamente, á parte de pestes e guerras, a emigración as “Américas” no primeiro terzo do século pasado, logo as “suizas” no segundo terzo, ademais de marchar a outras cidades da nación con posibilidades de traballo ou de negocio, pouco a pouco foron minguando os veciños. Como dato curioso e relacionado, debemos sinalar que, por exemplo, en Vilamaior só hai un pequeno que está indo á escola; na totalidade da parroquia parece que só suman duas unidades. Pola decada 1960-1970, estando a escola en Casfiel (agora todos os rapaces do Concello van á mesma escola, a da “capital” do Concello) nalgun momento alcanzaronse uns trinta rapaces na escola, e había unha clase con un só mestre ou mestra para todos os cursos.
 
== Economía ==
A xente sempre viviu do “campo”, da agricultura e da gadaría, e en menor medida da silvicultura (explotacion da madeira). Basicamente sempre se tratou de economias de subsistencia baseadas no cultivo da terra en réxime de minifundio (típico da rexión, e de gran parte de [[Galiza]]), até límites case impracticables, a non ser coa aixada ou co sacho. Con axuda da gadaría, proporcionabase un extra ou plus de ingresos, os cales permitían mercar produtos, utensilios, etc. Canto aos cultivos, o que mais se sementa: as [[pataca]]s e o [[centeo]] (na actualidade o centeo case non se cultiva), [[millo]], [[remolacha]], [[garavanzo]]s, [[faba]]s, [[leituga]]s, [[tomate]]s; danse as [[mazá]]s, [[cereixa]]s, [[pera]]s e [[pavia]]s. As xeadas sempre foron moi problemáticas, e moitas veces arruinaron a colleita.