Italo Calvino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Italo Calvino''' (nado o 15 de outubro de 1923 en [[Santiago de las Vegas]], [[Cuba]], falecido o 19 de setembro de 1985 en [[Siena]], [[Italia]]) foi un escritor italiano. O seu traballo máis coñecido está composto pola triloxía ''I nostri antenatti'' (Os nosos devanceiros) 1952-1959, a colección de relatos curtos ''Cosmicomics'' de [[1965]] e as novelas ''Cidades invisibles'' de [[1972]] e ''Se nunha noite de inverno un viaxeiro'' de [[1979]]. De estilo dificil de clasificar, as suas obras as veces fan lembrar os contos de fadas (''Cosmicomiche''), e outras veces son máis realistas ("Amores dificis"). Algunhas das súas novelas foron clasificadas como ''posmodernas'',outras como exemplos do [[realismo máxico]] e outras como realistas.
 
== Biografía ==
 
Italo Calvino foi fillo dos botánicos Mario Calvino, de orixe ligur, e Evelina Mameli, de [[Sardeña]], e irmán de Floriano Calvino, famoso xeólogo. Os pais eran membros da [[igrexa Waldense]], de credo protestante. Nado en [[Cuba]] a familia volveu en [[1925]] a Italia, onde Calvino ía pasar case toda a súa vida. Viviu en [[San Remo]], na [[Riviera]] italiana.
Liña 21:
O 6 de setembro de 1985 ingresou no hospital de Santa Maria della Scala en [[Siena]], onde morreu a noite do 18 ó 19 dunha hemorraxia cerebral. Estaba a preparar para universidade de [[Harvard]] as ''Leccións americanas'', que apareceron postumamente.
 
== Bibliografía ==
 
* ''Il sentiero dei nidi di ragno'', ( O carreiro dos niños de araña) 1947.