Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: oc:Teofil Gautièr
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 2:
'''Pierre Jules Théophile Gautier''' ([[Tarbes]], [[30 de agosto]] de [[1811]] - [[París]], [[23 de outubro]] de [[1872]]) poeta, dramaturgo, novelista, xornalista, pintor e crítico de arte francés. Defensor do [[romanticismo]] o seu traballo e de difícil clasificación e serviu de referencia para movementos literarios posteriores como o [[parnasianismo]], o [[simbolismo]], o [[decadentismo]] e o [[modernismo]].
 
== Biografía ==
Théophile Gautier naceu o 30 de agosto de [[1811]] en Tarbes, capital do departamento de [[Hautes-Pyrénées]], no sudoeste de [[Francia]]. O pai, Pierre Gautier, era un pequeno funcionario bastante culto. A mai foi Antoinette-Adelaïde Concarde. A familia trasladouse a París en [[1814]], onde residiron no distrito de Marais.
 
Liña 19:
Durante a [[guerra franco-prusiana]] Gautier volveu a París o saber que os prusianos avanzaban cara á capital francesa. Ficou coa familia durante a invasión e o tempo da [[Comuna]]. Morreu o 23 de outubro de [[1872]] dunha enfermidade cardíaca crónica. Foi enterrado no cemiterio de [[Montmartre]] en París.
 
==A obra ==
 
===Primeiros poemas===
Liña 30:
''La Comédie de la Mort'', publicada en [[1838]] e unha peza de ton similar a ''Albertus''. Nesta obra Gautier incide sobre o tema da morte. Neses anos, Gautier frecuentaba os cemiterios, que estaban a expandirse por causa dos andazos que se sucedían no pais. O escritor transforma a morte nunha experiencia embriagadora, voluptuosa, case humorística que o distrae da realidade cruel e expresa a sú necesidade de atopar luz entre as tebras e vida por sobre da morte.
 
=== Poesía da madureza ===
 
''España'', de [[1845]] adoita considerarse unha obra de transición. Ë un volume de 43 poemas de temas variados inspirados polas súas viaxes por España no verán de 1840. Neses poemas Gautier escribiu sobre aspectos diversos, deles algúns convencionais, da cultura e as tradicións españolas.
Liña 46:
Outras obras súas son ''Un Voyage en Espagne'' (1843), ''La Juive de Constantine'' (1846), ''Regardez mais ne touchez pas'' (1847) (só nunha pequena parte de Gautier), ''Pierrot en Espagne'' (1847) -de atribución dubidosa- e ''L’Amour souffle ou il veut'' (1850), inconclusa.
 
== Bibliografía ==
 
*1830: Poésies(Volume I)