Licaonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:리카오니아
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Licaonia''' (latín Lycaonia, grego Λυκαονία) foi unha rexión de [[Asia Menor]], ao sueste de [[Frixia]] e na parte occidental de [[Capadocia]]. Baixo dominio romano en xeral pertenceu a Capadocia. Os seus habitantes serían os [[licaóns]] (pobo) ou [[licaonios]] (xentilicio). É mencionada entre o [[século –V]] e o [[século VI]].
 
== Límites ==
 
Os límites da rexión son imprecisos, pero en grandes trazos tiña [[Pisidia]] ao oeste (entre ambos territorios o país dos [[milios]], de orixe tracia); [[Galacia]] ao norte; [[Capadocia]] ao leste; e [[Isauria]] (parte occidental de [[Cilicia]]) ao sur.
 
== Descrición física ==
 
Era un país chan con montañas na parte norte e sur. Os ríos eran pouco importantes e tiña un lago de sal importante chamado Tatta.