Pisidia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:피시디아
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Pisidia''' ou '''Psidia''' (latín ''Psidia'' ou ''Pisidia'', grego Pisidiké) foi unha rexión de [[Asia Menor]] cara o sur-suroeste. Parte historicamente de [[Panfilia]], estaba poboada pola mesma xente.
 
== Límites ==
 
Os seus límites serían: ao leste a rexión montañosa de [[Isauria]]; ao sur, [[Panfilia]]; ao oeste, [[Licia]], [[Caria]] e [[Frixia]]; e ao norte Frixia (a [[Frixia Parorios]]).
Liña 15:
Nestas montañas nacían os ríos ''Catarrhactes'' e ''Cestrus'', que regaban Psidia e Panfilia e desaugaban no [[mar Mediterráneo]] polo chamado [[golfo de Panfilia]]. Os lagos principais eran o ''Coralis'', o ''Troxitis'' (ambos ás veces mencionados como parte de Frixia e de [[Licaonia]]), o ''Pusgusa'' ou ''Pungusa'' (mencionado só en fontes bizantinas) e o gran lago de sal de Ascania ([[Gran Lago Salgado]]).
 
== Economía ==
 
Os principais produtos do país eran o sal, as raíces de iris das que se facían perfumes, e viño, sendo famoso na época clásica o viño de Amblada.
Liña 28:
*Ao lado do anterior [[Cabalia]]
 
== Poboación e lingua ==
 
A súa poboación foi de etnia [[frixios|frixia]] indoeuropea (ver [[Pisidios]]). A [[lingua pisidia]] crese que era de orixe frixia e, polo tanto, sería unha [[lingua indoeuropea]] dentro da rama [[linguas anatolias|anatólica]].